Os socialistas piden un paso de peóns preto do colexio da Inmaculada

A concelleira socialista en Santiago, Marta Abal
A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal reclamou ao Concello que actúe con axilidade e habilite un paso de peóns na rúa Concepción Arenal, nas proximidades do colexio da Inmaculada, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na contorna do centro e dar resposta a unha demanda trasladada pola propia comunidade educativa.
Abal lembrou que no último pleno o Grupo Municipal Socialista levou á corporación unha petición formulada polo consello escolar do colexio, incidindo en que se trata dunha proposta que responde a unha necesidade real e contrastada. Segundo explicou Marta Abal, «boa parte da comunidade educativa e das familias do alumnado utilizan as galerías da praza de Galicia para chegar ou saír do colexio», pero «non poden cruzar a rúa coas condicións de seguridade que serían desexables».
Actuar sen demoras
A concelleira socialista advertiu de que a situación actual non garante un cruzamento seguro nunha zona con tránsito constante de alumnado e familias, polo que insistiu na necesidade de actuar sen máis demoras. Neste sentido, subliñou que dar cumprimento ao rogo permitirá “habilitar un cruzamento seguro e mellorar a seguridade viaria na contorna do centro escolar”.
Abal puxo en valor que esta iniciativa parte directamente da comunidade educativa e destacou que este tipo de actuacións “son importantes, especialmente cando responden ás peticións e á vontade da cidadanía, concretamente dun consello escolar”. Ao seu xuízo, atender estas demandas e resolver problemas concretos da veciñanza “é facer política útil”.
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo