PSOE
Guinarte alerta do «retroceso» turístico de Santiago e pide que Raxoi actúe
«Santiago non pode converterse nun lugar de paso, debe ser un lugar de destino», subliña o voceiro socialista

Sindo Guinarte, voceiro socialista en Raxoi / Cedida
O voceiro do PSOE en Raxoi, Gumersindo Guinarte, alertou do «retroceso» nos datos turísticos rexistrados no inicio deste ano e reclamou unha «resposta clara» por parte do goberno local para reverter a situación.
«Preocúpannos moito os datos que nos deixa este inicio do ano 2026 respecto ao número de visitantes na nosa cidade», sinalou Guinarte. O voceiro socialista advertiu de que Santiago está diante dos «peores datos en ocupación media desde o ano 2018» e co «maior número de hoteis pechados en toda a década».
Lugar de destino
O dirixente socialista lembrou que esta tendencia negativa non é recente e asegurou que «levamos máis de ano e medio observando como o número de viaxeiros que chega ao aeroporto Rosalía de Castro non deixa de descender», ao tempo que tamén minguan as pernoctacións. Neste contexto, advertiu de que Santiago «segue a ser a principal porta de entrada do turismo en Galicia pero non conseguimos que os visitantes prolonguen aquí a súa estadía».
Guinarte subliñou que «Santiago non pode converterse nun lugar de paso, debe ser un lugar de destino debe ser o destino principal do turismo en Galicia», polo que considerou urxente que o goberno local actúe, «empezando polo básico que é coidar a cidade».
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- SG Monte do Gozo, la empresa que facilita vacaciones a los ganaderos gallegos: 'En el campo también hay sueldos de médico
- Vuelven a Santiago las quedadas para leer en silencio que arrasaron en 2025
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche