Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Miguel Ángel Caínzos, profesor emérito da USC, ingresa na Real Academia de Medicina de Galicia

O médico incorpórase á institución como académico numerario de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo

Miguel Ángel Caínzos ingresou como académico numerario na Real Academia de Medicina de Galicia.

Miguel Ángel Caínzos ingresou como académico numerario na Real Academia de Medicina de Galicia. / USC

L.R.

Santiago

Miguel Ángel Caínzos Fernández, profesor emérito da Universidade de Santiago, acaba de ingresar na Real Academia de Medicina de Galicia como académico numerario de Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo.

Na cerimonia de ingreso, o pasado venres 6 de marzo, que contou coa asistencia do reitor Antonio López, o profesor Caínzos pronunciou o discurso ‘Avances e problemas da cirurxía xeral e do aparto dixestivo durante os últimos 50 anos’, que foi contestado polo académico numerario territorial po Vigo Pedro Gil Gil. O acto clausurouno o presidente da Academia, Francisco Martelo Villar.

Traxectoria profesional

Caínzos Fernández (A Coruña,1952) estudou Medicina na Universidade de Santiago. Catedrático emérito de Patoloxía e Clínica Cirúrxica, desenvolveu o seu traballo na área de Cirurxía do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas. A súa carreira investigadora transcorreu no grupo ‘Cirurxía experimental. Modelos de Cirurxía experimental’. No seu haber conta, entre outros, con 7 libros, 38 colaboracións noutros volumes, máis de 150 publicacións e máis de 400 comunicacións e relatorios en congresos en diversas citas científicas. Foi director ademais de 12 teses de doutoramento.

É membro de honra de catro sociedades científicas internacionais e entre as súas distincións profesionais máis destacadas figura ter sido o primeiro cirurxán europeo nomeado Felow pola Surgical Infection Society de Norteamérica.

Tracking Pixel Contents