Abal denuncia a «deixadez» de Raxoi co patrimonio escultórico de Santiago
A socialista sinala que o exemplo máis evidente desta situación é o conxunto escultórico de Leopoldo Nóvoa en Bonaval

Conxunto escultórico de Leopoldo Nóvoa en Bonaval / Cedida
A concelleira do PSOE, Marta Abal, denunciou a «deixadez» do goberno bipartito do BNG e Compostela Aberta co patrimonio escultórico da cidade e reclamou unha actuación inmediata para garantir a súa conservación e posta en valor.
Conxunto escultórico en Bonaval
Abal sinalou que o exemplo máis evidente desta situación é o conxunto escultórico de Leopoldo Nóvoa en Bonaval, que «leva xa demasiado tempo con pintadas, nun estado impropio dunha cidade que presume de patrimonio e de cultura, sen que o goberno municipal fixese nada para a súa limpeza e restauración».
Abal subliñou que «coidar do patrimonio escultórico é coidar Compostela», porque supón «respectar a súa memoria, protexer a súa identidade e conservar aquilo que tamén explica quen somos como cidade».
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle