Centros socioculturais
Alivio entre o persoal dos CSC de Santiago pola nova concesión e o pago das nóminas
Os traballadores sinalan que se manterán alerta para que se cumpran os compromisos

Centro sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo / Jesús Prieto

A adxudicación do lote principal do servizo de centros socioculturais, de dinamización e mediación, foi recibida con «alivio» polo persoal ante a «incerteza» que podía implicar ter que iniciar unha nova licitación, segundo explica a este diario a delegada sindical da CIG, Carme Iglesias.
Non se chegou a ese punto, xa que Raxoi aprobou o luns en Xunta de Goberno poñer este lote en mans da empresa Os Ventos, a segunda no concurso, despois da renuncia de Eulen. Aínda que os traballadores consultaron a posibilidade de axilizar os trámites, a previsión é que os CSC retomen a normalidade a finais deste mes ou principios de abril.
O Concello asume o pago das nóminas
A noticia vén acompañada ademais do compromiso de pago das nóminas, que os traballadores levaban sen percibir desde outubro debido aos problemas económicos de Serviplus, a anterior concesionaria. O Concello viña realizando unha retención de facturas á empresa como garantía de pago e negociou unha cesión da débeda para que sexa o propio goberno local con ese diñeiro retido quen efectúe os pagos.
Iglesias estima que, se todo vai segundo o previsto, «máis ou menos nun mes poderían empezar a realizar os pagos». A situación actual «beneficia a todo mundo», explica, xa que «permite restablecer o servizo e nós poderemos cobrar nun prazo breve de tempo».
Dúbidas sobre a empresa
Non obstante, o persoal indica que se manterá alerta para que se cumpran os compromisos. «Todo o mundo coñecemos a Os Ventos, a ver como veñen», subliña Iglesias que agarda que non haxa «conflitos» e indica que ata agora nas conversas que tiveron a adxudicataria amosou «boa vontade».
Con respecto á baixa puntuación que colleitou a firma na súa oferta inicial e que sementou dúbidas sobre a súa capacidade de prestar o servizo, a representante sindical, apunta que «non tiñan pensado presentarse, foi unha decisión tomada o último día de prazo. Cubriron o mínimo para que non os excluíran e non contaban con gañar o concurso».
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo