Un traballo do Ciqus permite crear novas arquitecturas moleculares
Unha estratexia sintética híbrida logrou un fito inalcanzable neste campo ata agora

Detalle da portada da revista protagonizada pola investigación do Ciqus / Cedida
Un traballo liderado desde o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (Ciqus) por Luis M. Mateo e Diego Peña, logrou superar unha barreira ata agora infranqueable no campo do deseño de materiais a escala molecular, unha das grandes apostas da ciencia actual.
Moléculas orgánicas planas e altamente conxugadas utilízanse xa en tecnoloxías avanzadas como sensores químicos, dispositivos optoelectrónicos ou sistemas de conversión de enerxía, pero a medida que estas arquitecturas crecen, a súa síntese vólvese extremadamente complexa. Este límite freou durante anos a construción de estruturas cada vez máis grandes e funcionais, pero o traballo do Ciqus logrou sobrepasar este límite.
Un só sistema
Segundo explica a USC, o resultado acadado polos investigadores do centro é unha nanoarquitectura única na que as súas cinco unidades funcionan electronicamente como un só sistema estendido. Os experimentos demostran que esta conexión reduce significativamente a brecha enerxética do conxunto, unha propiedade chave para o transporte de carga e o desenvolvemento de materiais funcionais avanzados. Ademais, o deseño permite introducir de forma selectiva distintos metais en posicións concretas da estrutura, engadindo novas funcionalidades, como o magnetismo no núcleo central.
O traballo, desenvolto no marco do proxecto MolDAM, é froito dunha colaboración coa University of Regensburg (Alemaña) e IBM Research Europe–Zúric (Suíza), combinando síntese química avanzada e microscopía de resolución atómica.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año