Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Axenda cultural: Que facer hoxe, 12 de marzo, en Santiago?

Kid Mount

Kid Mount / USC

Santiago

Xornada cargada de concertos con protagonismo para a música urbana

CONCERTOS. Ampla oferta de concertos con especial protagonismo da música urbana. A sala Capitol recibe a Tarchi a partir das 21h, artista urbano centrado no hip-hop e no rap ( 18,5 euros). Na Igrexa da Universidade, na Primavera Cultural, noite de hip hop e trap galego con Kid Mount ás 21h (entrada gratuíta). A guitarrista e compositora vasca Amaia Miranda estará no pub Riquela desde as 21h ( 12, 84 euros). O pub Momo contará co arxentino Lacandona ás 20h (3 euros). Na Borriquita de Belem, ás 21.30h, no ciclo de concertos ConVida, Abe Rábade trae a Rale Micic, un dos guitarristas de jazz máis importantes da actualidade (10 euros). No Modus Vivendi haberá dobre pase das Daydream Sessions, ás 21h e ás 22.15h (3 euros), mentres que no Arume tocará Ellis Burleigh ás 21.30h con entrada inversa. Ademais, concerto de Alphawhores e PortoFranco en ubicación secreta ás 21.30h (10 euros, información por DM a @your.doomawaits).

Conferencia no Museo das Peregrinacións

CONCIERTO. A escritora e profesora do CSIC Remedios Zafra imparte a conferencia La cultura como trabajo en la era digital no marco do ciclo Colloquium Incipit. A cita será no Museo das Peregrinacións ás 19.00 horas con entrada libre. Zafra propón unha reflexión sobre a cultura entendida non só como produción simbólica, senón tamén como forma de traballo intelectual e creativo no contexto do capitalismo dixital partindo de diferentes obras súas.

Representación de 'Son salvaxe!' por La Maquiné

Representación de 'Son salvaxe!' por La Maquiné / Cedida

A Real Filharmonía de Galicia, con La Maquiné

INFANTIL. A Real Filharmonía de Galicia e a compañía teatral La Maquiné presentan Son salvaxe! un concerto familiar para coñecer a historia de Mona, unha nena criada na selva por un gorila, que nos fará reflexionar sobre o coidado do planeta. No Auditorio de Galicia ás 10h e ás 12h destinada a público infantil.

Fotograma de 'O día que tal', unha das pezas da sección internacional

Fotograma de 'O día que tal', unha das pezas da sección internacional / Cedida

Continúa a MICE coa primeira proxección da sección internacional

CINE. A Sección Internacional da MICE do Museo do Pobo Galego reúne unha selección de obras procedentes de diferentes contextos e cinematografías que comparten unha clara orientación antropolóxica. Sen restricións de xénero, duración ou nacionalidade, esta sección abre espazo tanto ao cinema máis innovador e arriscado como ás prácticas artísticas en vídeo que exploran e superan as fronteiras dos formatos tradicionais. Hoxe emitirase no Teatro Principal ás 20.30 horas a primeira parte desta sección, que terá continuidade o sábado. Ademais, en Numax, primeira sesión da retrospectiva a Maddi Barber ás 18.00 horas. Inclúe un coloquio posterior coa directora.

Libros de Mayor Oreja e López Foxo

PRESENTACIÓNS. O presidente da Fundación NEOS e exdirixente do Partido Popular, Jaime Mayor Oreja, presenta hoxe en Compostela o seu novo libro Una verdad incómoda ás 19.00 horas na sede da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago (Rseaps), na praza de Salvador Parga, 4. Mayor Oreja estará acompañado polo exalcalde da Coruña Paco Vázquez. Ademais, a Libraría Pedreira acolle ás 19.30h a presentación de A construción da nación desde o realismo político, de Manuel López Foxo. O autor estará acompañado pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e por José Luis Gómez.

Paseo guiado sobre as protestas estudantís

MAIO DO 68. O Concello de Santiago presentou este martes dúas iniciativas que recuperan a historia das protestas estudantís do 68 na cidade baixo o selo ‘Compostela é memoria’: o proxecto interactivo Antes de maio e o paseo guiado Venceremos nós. Esta última consta dun percorrido polas rúas de Santiago que nos traslada ás mobilizacións estudantís e sociais antifranquistas, que se adiantaron ás revoltas do maio francés. Hoxe ás 19h será a primeira sesión, que se repetirá o venres e en dobre quenda o sábado. Prazas limitadas con inscrición previa en marzo68.gal. Tamén está dispoñible unha versión dixital autoguiada.

Tracking Pixel Contents