O centro de arte rupestre, á espera dun novo convenio para despegar
Os concellos implicados e a Deputación abordaron a sinalética dos xacementos, o mantemento e a creación do comité cientítico

Xuntanza de Compostela Rupestre, este mércores no salón de plenos do Concello de Santiago. / Cedida
O salón de plenos do Concello de Santiago acolleu este mércores a xuntanza do Consello Director do Parque Compostela Rupestre, unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña, coa participación dos concellos de Santiago, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra. Durante o encontro abordouse a a situación do Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Villestro (CIRVI), que esté pendente de acondicionar para abrilo aos visitantes na antiga escola da parroquia. «Vaise renovar o convenio para que poida comezar a licitación e ter preparado ese centro como epicentro de todo o que serán os roteiros de Compostela Rupestre», indicou o deputado provincial de Patrimonio, Xosé Penas.
A reunión serviu tamén para informar sobre a sinalética dos parques e xacementos, así como sobre a situación das limpezas e dos terreos. Tratáronse tamén as actuacións previstas no ámbito do parque e ratifiouse a incorporación do Concello de Outes, á espera da validación por parte do comité científico.
No relativo á sinalética, Penas explicou que a proposta de sinalización dos roteiros e dos parques foi aceptada por todos os concellos participantes. A Deputación está a traballar nun modelo unitario para identificar as rutas e os emprazamentos concretos dos bens patrimoniais, co obxectivo de ofrecer información complementaria sen competir coa sinalización turística existente nas estradas.
Durante a xuntanza falouse tamén da situación da roza das fincas e o mantemento dos espazos. Segundo indicou o deputado, xa se realizou un primeiro traballo de roza e adecuación das fincas e «agora, ese traballo, loxicamente, témolo que manter no tempo, tanto os concellos como a Deputación».
Outro dos asuntos tratados foi a constitución do comité científico do parque. Penas explicou que está condicionado «pola dificultade de moitos técnicos para poderen participar nel». Con todo, expresou o seu desexo de conformalo «antes do verán».
Ademais, tratouse a cuestión da adquisición, expropiación e traspaso de propiedades nas que se localizan xacementos e petróglifos, un proceso que se levará a cabo de maneira conxunta entre a Deputación e os concellos.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago