Os stands de Espazos Efémeros volven este venres e sábado ao mercado de abastos de Santiago
Nove empresas, maioritariamente cooperativas agroalimentarias, participan nesta iniciativa para potenciar os seus produtos e servizos dende o valor que achega a proximidade
Tamén estarán habilitados os días 8, 9, 22, 23, 29 e 30 de maio

Unha das naves da Praza de Abastos compostelá. / Antonio Hernández
O mercado de Abastos de Santiago volve acoller este venres e sábado unha nova fase de Espazos Efémeros de Emprendemento 2026, unha iniciativa desenvolvida pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) para impulsar a visibilidade do modelo cooperativo a través do formato pop-up, con stands temporais.
Baixo o paraugas do programa europeo Interreg Poctep ES_FACTORY, o evento funciona como un escaparate de innovación comercial. Durante varias semanas (só venres e sábados) de marzo e maio, entre as 9.30 e 15.00 horas, as persoas visitantes poderán interaccionar cos representantes das distintas empresas de economía social con orixe no rural galego, nun contorno de proximidade e contacto directo. En concreto os expositores volverán estar habilitados os días 8, 9, 22, 23, 29 e 30 de maio.
Máis alá do carácter empresarial, Espazos Efémeros convida á cidadanía a redescubrir o produto galego dende unha óptica moderna. Os asistentes poderán gozar dunha experiencia de compra diferente, coñecer os procesos de elaboración de man dos seus protagonistas e apoiar directamente o emprendemento do noso territorio.
As empresas participantes, ademais do contacto directo co público, disporán de apoio específico no ámbito da estratexia, comunicación e promoción ao longo de varias sesións con profesionais expertos que se desenvolverán nas tardes dos venres.
Como indica Carlos Ares, director-xerente de AGACA: "queremos que o consumidor non só compre un produto, senón que entenda o valor social e a innovación que hai detrás de cada cooperativa".
Firmas participantes
As empresas que estarán presentes nos stands representan a diversidade e calidade dos nosos produtos de orixe cooperativa: Bico de Xeado (marca de xeados da Cooperativa Provincial de A Coruña); Campo Capela; Queixería Dona Cobiña (da cooperativa Cobideza); Eidosela (viños); Moraima (cooperativa Viña Moraima); Paco & Lola; Terras da Mariña;Únicla (marca vinculada a Clun) e Entrelampo (asociación pro saúde mental que procura creación de emprego a persoas con problemas de saúde mental graves e cultivan produtos de horta).
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias