Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Un 45% de vivenda protexida

Proxecto de reurbanización da parcela de Peleteiro: a pleno en marzo para a aprobación definitiva

A dirección xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia emite un informe favorable para a edificación que reduce os metros cadrados da construción de 23.000 a 19.000

O Bipartito someterá ao pleno de marzo o seu proxecto para a parcela de Peleteiro

O Bipartito someterá ao pleno de marzo o seu proxecto para a parcela de Peleteiro / Jesús Prieto

Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu este venres en rolda de prensa para comunicar o informe favorable da dirección xeral de Urbanismo da Xunta ao proxecto de edificación na parcela de Peleteiro. "Un triunfo colectivo", asegurou a rexedora ao tempo que anunciaba que a proposta se someterá á consideración do pleno ordinario de 26 de marzo, "entendemos que no pleno se aprobará definitivamente" o proxecto, afirmou.

Segundo explicou Sanmartín o informe de Urbanismo é favorable e tan só require a incorporación ao expediente do documento presentado xa por Augas de Galicia, máis segundo afirmou a alcaldesa o ditame da Xunta "non contempla mudanzas sobre o xa presentado" polo Concello de Santiago.

Deste modo, o proxecto final ocupará unha superficie total de 19.000 metros cadrados fronte aos 23.000 iniciais, aproveitando así unha área de espazo público e abertura cara á República Arxentina. O uso do edificio vai ser "de prioridade residencial, cun 45% mínimo de vivenda protexida", con "negocios a pé de rúa" dos que se exclúen "obviamente" pubs e discotecas.

A alcaldesa de Compostela defendeu o diálogo do goberno local para sacar adiante o proxecto da parcela Peleteiro, "coa veciñanza, coa propiedade e co resto da Corporación", sen esquecer facer referencia é a que esta longa andaina é debedora de mandatos anteriores que agora o Bipartito parece que consegue resolver.

Tracking Pixel Contents