As escolas unitarias do rural de Santiago terán servizo de madrugadores e almorzo no vindeiro curso
O Concello xa ten aberto o prazo de solicitude de praza
Funcionará dende as 7.30 horas ata o inicio das clases

Alumnado da escola infantil unitaria de Rial, en Laraño, Santiago. / Antonio Hernández

As escolas unitarias do rural de Santiago disporán de servizo de madrugadores e almorzo o vindeiro curso. Segundo vén de anunciar a Concellería de Educación que dirixe Míriam Louzao, as escolas de Gaioso no Eixo, de Rial en Laraño e de Bispo Teodomiro en Marrozos contarán con ese servizo en horario de 7.30 horas ata o inicio das clases.
Así, xa está aberto o prazo de solicitude de praza, de forma que todas as familias potencialmente interesadas ou que aínda non escolleron o centro para as súas fillas e fillos, poderán ter en conta este incremento de servizos complementarios nas tres escolas unitarias do rural que se suman ao xantar incorporado no presente curso 2025-2026.
Esta medida afonda o compromiso do Concello de Santiago co rural e coas familias para favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, equiparando os servizos complementarios das escolas unitarias do rural compostelán cos que se ofertan nos CEIP.
Máis de vinte nenos e nenas benefícianse do servizo de comedor implantado este curso
No presente curso, os comedores das tres escolas unitarias comezaron con 15 usuarios fixos, aínda que neste mes de marzo “xa son 20, ademais dun grupo que fai uso esporádico do servizo”, sinalou Esther Martínez, presidenta da Federación de Anpas de Compostela, a EL CORREO GALLEGO.
Segundo Martínez, o comedor funciona desde o primeiro día con usuarios fixos, que elixen entre unha das opcións dispoñibles (1, 2, 3, 4 ou 5 días á semana), e usuarios esporádicos, "que o empregan de maneira puntual cando o precisan". Así destacou que “algúns nenos e nenas que o utilizaban de forma ocasional pasaron a ser usuarios fixos, o que reflicte a satisfacción das familias”.
A presidenta da federación subliñou que os comentarios recibidos son moi positivos, tanto pola calidade da alimentación como polo coidado e atención educativa. “É un servizo fundamental para conciliar o traballo co coidado das fillas e fillos, e está permitindo que estas escolas non perdan alumnado, senón todo o contrario”, concluíu.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas