Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ciclo integral de abastecemento

Raxoi aposta por auditar a xestión integral da auga

O modelo, por concesión ou mixto, será indirecto e non terá que volver ao pleno

Depósito de Viaqua no lugar de Vilares

Depósito de Viaqua no lugar de Vilares / Antonio Hernández

A alcaldesa de Santiago anunciou uns días de reflexión logo de que no pleno de febreiro quedase bloqueada a xestión integral da auga (abastecemento e saneamento que, entre outras cousas, non chega a boa parte do rural, alén de que todo o termo municipal ‘goce’ dunha rede obsoleta con roturas diarias nas tubaxes). Este venres, Goretti Sanmartín comunicou en rolda de prensa a decisión do goberno bipartito, seguir para adiante, «licitando unha auditoría» do estado actual de gastos e ingresos do servizo, así coma unha revisión do último estudo e a correspondente actualización do mesmo.

Desta auditoría emanará a decisión do goberno local sobre a maneira da xestión indirecta do servizo (concesión ou fórmula mixta) pero non se terá que debater no pleno, como aconteceu en febreiro logo dunha decisión resultante dunha proposta do PP: que a fórmula de contratación do servizo da auga se debatese no pleno. Daquilo resultou un bloqueo, xa que o goberno votou contra a concesión (emanada da comisión especial da auga) e votaron a favor o PSOE e os non adscritos e abstíbose o PP (grupo maioritario da oposición con 11 edís).

A alcaldesa Sanmartín non desaproveitou a ocasión para acharcarlle ao PP que lidera o relato das «profecías autocumpridas, atranco para dicir que está atrancado», criticando o sentido do voto dos populares, a favor da concesión na comisión da auga e con abstención na votación plenaria. «A veciñanza non se deixa enganar e o goberno segue para adiante», aseverou a rexedora.

A partir de agora iníciase un novo proceso, que vai prolongar aínda máis, pero con visos de ser resolto, a actualización do sistema de abastecemento e saneamento compostelán, obsoleto de hai tempo, como recoñeceu cada goberno local dos últimos anos pero en mans de técnicos que decidan cal é a mellor fórmula de xestión.

Tracking Pixel Contents