Proxectos que conclúen
Reabre logo das obras a piscina de Santa Isabel
O goberno local confía no 'Si' da Xunta de Galicia, desta volta, á declaración de Santiago como zona tensionada

Fachada do pavillón de Santa Isabel cuxa piscina reabre esta fin de semana / Jesús Prieto

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou en rolda de prensa a conclusión dun dos proxectos herdados do mandato anterior, a reforma do pavillón de Santa Isabel, particularmente as actuacións para remodelar a súa piscina que reabre esta fin de semana logo da reforma que mudou, entre outras cousas, tamén a fachada do pavillón.
A piscina reabre este domingo para un campionato e o vindeiro luns 16 de marzo reabre como era o seu horario para o público xeral: de 7 a 23 horas, de luns a venres; de 9 a 20h. os sábados; e de 9 a 14 horas os domingos.
Zona tensionada
A rexedora fixo referencia na rolda de prensa deste venres á declaración de Compostela zona de mercado residencial tensionado. Unha proposta que se enviou por segunda vez á Xunta «e non unha terceira solicitude», dixo Sanmartín, «como di o PP mentindo coma sempre».
A alcaldesa acusou o edil José Antonio Constenla (PP) de faltar á verdade dicindo que non coñecía a segunda proposta para a declaración de zona tensionada «cando estivo exposta ao público dende o 19 de xaneiro». Sanmartín reafirmou a confianza do Bipartito en que desta volta o goberno autonómico dea o ‘Si’ a unha iniciativa para a que xa deu o visto bo en cidades coma A Coruña.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana