Primeira reitora de Galicia
Rosa Crujeiras: «Fai falta que a comunidade universitaria se sinta orgullosa de pertencer á USC»
O acceso á vivenda por parte do estudantado, a atención á diversidade nas aulas, e o relevo xeracional do PDI e PTXAS, xunto coa atención ás persoas, serán as prioridades do seu mandato

El Correo Gallego

Rosa María Crujeiras Casais ( Ribeira, 1978) converteuse este mércores 11 de marzo na primeira reitora dos 531 anos de historia da USC. Nin Maite Flores Arias, nin María José López Couso, nin Alba Nogueira López se acercaron á catedrática de Estatística e Investigación Operativa, que nesta fase final logrou impoñerse co 61,6 % dos sufraxios, frente ao 31,8 % de Flores. A partir do 23 de marzo ocupará o despacho máis nobre do pazo de San Xerome.
P. Tivo tempo para asimilar que é a primeira rectora de Galicia?
R. Aínda non. Aínda estamos asimilando o que aconteceu e asumindo que é un momento histórico para a Universidade e para a sociedade. Estou moi agradecida por todas as mostras de cariño da comunidade universitaria.
P. Despois dunha segunda campaña moi intensa. Sabía que ía ser a gañadora ou dudaba e pensaba nunha remontada?
R. Tiñamos moi boas sensacións. A receptividade nos centros era moi boa. Realmente penso que fixemos moi boa segunda campaña plantexando xuntanzas de traballo para exemplificar como queremos liderar a Universidade. Creo que iso foi un acerto. Foi moi ben recibido por parte da comunidade universitaria que nos sentaramos a escoitar as súas propostas para tratar de darlles encaixe no programa de goberno. As sensacións eran boas pero había que agardar ao veredicto das urnas.

Rosa Crujeiras no claustro do Colexio de Fonseca. / Antonio Hernández
P. A incorporación de perfís como González‑ Juanatey ou Juan Díaz Villoslada ao seu equipo xerou debate dentro da comunidade universitaria. Que achegan estas fichaxes ao proxecto da USC?
R. Temos un equipo moi sólido. Dende o primeiro momento, no noso programa hai unha estratexia para Ciencias da Saúde que vai máis alá do grao en Medicina, xa que a responsabilidade do título teno a súa facultade. Plantexabamos unha estratexia máis xeral que atinxira tamén a investigación e a transferencia de coñecemento e non só puxera o foco en Medicina, senón que fose algo máis transversal. E isto penso que pode ter un impacto moi positivo en Compostela neste caso a través do impulso ao Biopolo da Sionlla ou a potenciar todo o tecido de empresas de base tecnolóxica no ámbito biomédico. Sen dúbida, dentro de quen pode axudar a liderar esa primeira iniciativa, creo que o perfil de Juanatey é incuestionable por toda a súa carreira. No caso de Juan Díaz Villoslada, non hai máis que ver o seu currículo. É unha persoa cunha traxectoria moi sólida na administración pública e cremos que pode aportar moito como xerente desta universidade.
P. Tras coñecer os resultados da votación do mércores, Maite Flores dixo que «pasaba a estar a disposición da reitora Crujeiras». Que valoración fai ao respecto?
R. Unha vez rematadas as eleccións, todo o mundo forma parte desta comunidade universitaria. Temos que traballar con todos e con todas, e por suposto coas profesoras Flores, Nogueira e López Couso, así como con todos os membros dos seus equipos. Se algo apelamos nós durante este tempo foi ao diálogo, á unidade e ao consenso e así vai a seguir sendo.
P. En que ámbitos cree que é máis urxente introducir cambios dentro da universidade despois da etapa de Antonio López?
R. Hai que actuar na atención ás persoas que son o noso principal activo. No ámbito do estudantado, déronnos unha lección de participación nestas eleccións e agora toca seguir promovendo esa participación na toma de decisións e na súa implicación na vida universitaria e temos que atender á implementación das políticas dende o social para atender as súas necesidades. Non só hai unha problemática coa vivenda, senón que hai estudantes en situacións de vulnerabilidade e temos que tratar de acompañalos e darlles solucións tratando de que ninguén se quede fóra da Universidade. Tamén temos que atender á diversidade nas aulas, tendo en conta os máis de 200 estudantes con Necesidades Educativas Especiais. Hai que darlle unha adecuada resposta e iso implica que as persoas que os formamos tamén nos formemos de xeito adecuado para atender esta nova realidade. Para o PDI e PTXAS, temos por diante o reto do relevo xeracional que hai que abordar con planificación e con transparencia mirando no medio e no longo prazo e implantando medidas destinadas ao acollemento das persoas que se incorporan a traballar con nós, o acompañamento no desenvolvemento de carreiras e xestionar adecuadamente a saída das persoas que botaron 30 e 40 anos aquí e fixeron universidade.
«Temos que traballar coas profesoras Flores, Nogueira e López Couso, así como con todos os membros dos seus equipos»
P. A negociación coa Xunta para un novo Plan de Financiamineto e o fin dos fondos Next Generation, dous frentes que lle esixirán moitas horas de traballo.
R. Somos unha universidade pública e debemos reclamar e abogar por un financimento que veña do público. O Plan de Financiamento son uns recursos moi importantes para a nosa sostibilidade, polo temos que reclamar un financiamento adecuado á nosa actividade e debemos facelo dende a responsabilidade,a honestidade e a transparencia para decirlle á sociedade onde e para que se van a investir os recursos que ela nos aporta. Somos unha universidade punteira en investigación e nos últimos anos, entre 2018 e 2024, duplicáronse a captación de fondos de investigación en boa medida polos Next Generation pero non só. A súa finalización pode ter un impacto sobre a nosa captación, pero penso que nos permitiron ver as capacidades que temos e nos prepararon para as vindeiras convocatorias. Temos aí diante o Horizonte Europa, programa marco que comeza no 20-28, e temos que prepararnos dende xa para concorrer con garantías de éxito ás novas convocatorias que se van abrir.
P. Que medidas pensa impulsar desde a USC para mellorar o acceso á vivenda dos estudantes?
R. Temos que garantir a sostibilidade do noso sistema de residencias públicas dende o público. Durante a campaña foi unha prioridade a reapertura de San Clemente que temos que tratar de priorizar dentro da nosa programación plurianual. Temos que investir en mantementos e melloras nas outras residencias e colexios maiores. Temos que ser moi conscientes de que as nosas competencias non son limitadas en materia de vivenda pero non por iso debemos caer na inacción. Aí entra toda a colaboración que poidamos promover con distintas institucións. Nas xuntanzas iniciais co Concello de Santiago e co de Lugo, e con algunhas entidades do terceiro sector de acción social plantexabamos a posta en marcha de programas de convivencia interxeracional e mesmo tratar de impulsar algún programa de convivencia comunitaria. Toca estar de acordo cos concellos que de entrada recibiron moi ben as nosas propostas.
P. Como valora o pacto para a descentralización do grao de Medicina e que papel debe xogar a USC no seu desenvolvemento?
R. Neste momento temos un acordo institucional que hai que cumprir e facer cumprir. Esa vai ser a postura que adoptemos e temos que facelo con todas as garantías para o noso estudantado e para o persoal. Quen mellor coñece o título somos nós e a nosa facultade, polo que temos que velar porque esta descentralización se faga con todas as garantías para, especialmente para o noso estudantado.
P. Aínda é posible que só siga existindo a facultade de Medicina de Santiago?
R. Polo de agora, no acordo está a descentralización dos estudos, se ben é certo que chega ata o ano 2029 e a partir de aí é posible que as outras universidades reclamen os seus títulos.
P. Si dentro de seis anos a comunidade universitaria mira atrás, que lle gustaría que dixera que cambiou durante a súa etapa como reitora?
R. Gustaríame que dixeran que se sinten orgullosos e orgullosas de pertencer a esta Universidade e de ter participado en todo este proceso de cambio que busca volver a situar a Universidade de Santiago de Compostela no papel que debe ter dentro do país. É o que máis fai falta neste momento.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año