A dimensión artística do xogo conquista a Cidade da Cultura: "Xogar tamén é aprender"
Éxito de participación na primeira edición de 'Gaiás en xogo': asistiron máis de 3.500 persoas

O Museo Centro Gaiás acolleu este sábado un amplo abano de actividades. / Antonio Hernández
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, visitou este sábado a primeira edición de Gaiás en xogo, unha recente incorporación á programación da Cidade da Cultura que se propón estimular a creatividade na infancia a través da dimensión artística do xogo. Ao longo de toda a xornada, o Museo Centro Gaiás acolleu un amplo abano de actividades que incluiron desde obradoiros de experimentación artística a instalacións sensoriais e arquitecturas inchables. Asistiron máis de 3.500 persoas.
Acompañado da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, Lorenzo salientou que Gaiás en xogo "exemplifica a vontade da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude por ofrecer á infancia actividades ricas e estimulantes”, cunha programación que, "máis alá da súa vertente lúdica, aposte por fomentar o gusto pola arte desde a infancia, entrelazando diversión e cultura e estimulando a curiosidade dos miúdos e miúdas".
O representante da Xunta de Galicia lembrou ademais que o xogo é “unha das primeiras linguaxes da infancia”, destacando que, a través del, as nenas e nenos experimentan, descobren posibilidades e constrúen coñecemento de maneira natural. “Xogar tamén é aprender, e facelo en comunidade amplifica esa aprendizaxe, favorecendo a autonomía, a creatividade e a capacidade de convivir e cooperar”, salientou o director xeral.
Programación que une xogo, arte e medioambiente
Gaiás en xogo nace con vontade de consolidarse como unha cita imprescindible da oferta familiar da Cidade da Cultura. A programación de onte incluíu seis propostas diferentes pensadas para rapazada de 0 a 12 anos.
En concreto, nesta primeira edición incluíu propostas de compañías e artistas de Bélxica, Cataluña, Madrid ou Galicia, con opcións para a primeira infancia como a instalación sensorial para bebés A gorida dos sentidos —recoñecida cos premios FETÉN 2024 da Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón—, ou como o espazo de xogo Playscape deluxe, desañado pola artista da artista belga Cathy Bertel para a diversión da cativada menor de seis anos.
A vertente artística e medioambiental estivo moi presente na programación, con obradoiros creativos nos que nenos e nenas transformaron colectivamente o espazo do Museo a partir de materiais reutilizados. Desde caixas de cartón ao plástico reciclado da instalación do pasado Nadal no Gaiás, que tivo unha segunda vida ofrecendo novas horas de xogo ás miúdas e miúdos que, convertidos en arquitectos por un día, crearon enxeñosos túneles erguidos só con aire.
Incluiuse tamén un grande espazo de xogo libre onde conviviron desde mantas e cubos sensoriais, a pezas de construción e opcións para pór a proba a habilidade e a coordinación: como malabares, zancos, aros, un jenga xigante ou xogos tradicionais tanto galegos como doutros recantos do mundo.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias