A un estudo de arquitectura compostelán
Alugueiro protexido: adxudicado o proxecto para rehabilitar as vivendas municipais da Caramoniña
Trátase de cinco edificacións en ruína que darán lugar en dous anos a nove residencias de arrendamento

Edificios en ruinas en A Caramoniña que Raxoi propone rehabilitar con estas ayudas / Jesús Prieto

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, compareceu este luns en rolda de prensa para dar conta da adxudicación, por parte da xunta de goberno local, do servizo de redacción e dirección facultativa da rehabilitación das vivendas municipais da Caramoniña a Estar Arquitectos SLP. Trátase dun proxecto que se vai destinar a vivenda protexida en réxime de alugueiro e que conta, para esta primeira fase, cun orzamento de 49.997 euros (IVE incluído).
O estudo de arquitectura, compostelán, vai asumir agora e por un prazo global de dous anos, a redacción do proxecto para a rehabilitación destes equipamentos municipais adquiridos en 2005. Un total de cinco edificacións que darán lugar a nove residencias en arrendamento e cuxo importe total se distribúe do seguinte xeito nas dúas anualidades: 27.498 euros este ano e 22.498 en 2027.
“Os cinco edificios aínda que non catalogados forman parte da arquitectura popular e están en estado ruinoso”, explicou o edil Lestegás e, polo tanto, “deben ser rehabilitados”. “A súa rehabilitación vai ter efectos positivos, e o primeiro deles é o de dar exemplo dende a Administración pública co seu patrimonio”, declarou Lestegás, que tamén indicou que máis alá de actuarse sobre as propias edificacións se vai “mellorar a contorna das vivendas”.
Bota a andar así o goberno bipartito a súa iniciativa de crear “un parque municipal de vivenda en alugueiro na cidade histórica”, cunha partida orzamentaria que tamén se beneficia de fondos europeos Edil.
Case 600 metros cadrados de superficie
Segundo explicou o titular de Urbanismo, estes cinco edificios municipais suman unha superficie total de 587 metros cadrados, distribuídos entre unha construción na parte baixa da rúa da Caramoniña “e os outros agrupados na parte máis alta”, entre as rúas Travesa do Escultor Asorey e Teo.
Con esta adxudicación o concelleiro Lestegás reafirmou a intención do seu departamento e do executivo de Goretti Sanmartín de “avanzar na creación dun parque de vivenda” protexida na cidade vella, en réxime de alugueiro “a través da rehabilitación de edificios”. Para isto prevese un investimento total de máis de 960.000 euros.
O concelleiro confirmou que o goberno local segue a traballar para adquirir algún outro edificio da cidade histórica e rehabilitalo para alugueiro, a pesar de que non concretou de que inmobles se trata.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año