Concurso gastronómico
Artesana, Bodeguilla de Santa Marta e La Morena triunfan no Santiago(é)Tapas
Os tres locais levaron os principais premios do certame gastronómico, dotados cada un deles con 1.000 euros

Foto dos premiados e representantes públicos asistentes á entrega de premios de Santiago(é)Tapas / Antonio Hernández
O concurso Santiago(é)Tapas despediu a súa décimo sétima edición co acto de entrega de premios, celebrado na tarde deste luns na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Os tres principais galardóns, decididos mediante o voto ponderado do xurado profesional (60%) e do público (40%), foron para as tapas ‘Castelo da Rocha’, de Artesana, na categoría de tapa creativa; ‘Crocante de bacallau á galega’, da Bodeguilla de Santa Marta, na categoría de tapa tradicional; e ‘Ópera de Sordo’, de La Morena, na categoría de tapa doce. Cada un destes premios está dotado cun importe económico de 1.000 euros.
Ademais, repartíronse varios premios adicionais, elixidos polo xurado profesional. ‘Castelo da Rocha’, de Artesana conseguiu un segundo galardón ao ser recoñecida como mellor tapa en maridaxe con viño (500 euros); a mellor maridaxe con cervexa recaeu en ‘Románico de transición’ do Suso (500 euros); a mellor tapa con produto de DOP, IXP, Produción Ecolóxica ou Artesanía Alimentaria, dotado cun lote de produtos da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), foi para ‘Cáeche a babilla’ de Pico de Galo; a mellor tapa vexetariana ou vegana (400 euros en produto) recaeu en ‘Dobre cacao’ de A Moa; e como mellor tapa sen glute, dotado cun cheque de 200 euros para a compra de produtos sen glute, foi recoñcida ‘Alfábega e cítricos’ de A Maceta.
Premios para o público
Durante o acto de entrega de premios do XVII Santiago(é)Tapas tamén se realizou o sorteo dunha estadía de dúas noites con almorzo no Hotel Gaio 7 en Santiago, cortesía de Vimbio, entre todas as persoas que votaron polas tapas a través dos códigos QR que se atopaban nos locais participantes.
O público deste XVII Santiago(é)Tapas, que se celebrou do 19 de febreiro ao 8 de marzo, puido gañar ademais diversos premios por completar as diferentes (é)Tapas e rutas de interese especial no Tapasporte. En total repartíronse 347 lotes con agasallos.
Impacto económico
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, destacou que o XVII Santiago(é)Tapas tivo un impacto económico directo superior aos 150.000 euros, unha cifra que reflicte a boa acollida do público e o papel deste concurso como motor de actividade económica no sector en temporada baixa. Ao respecto, indicou que en 2026 o concurso, que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, superou as 33.000 tapas vendidas. Unhas cifras que, en palabras da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, supuxeron un incremento do 10% respecto ao ano anterior e máis do 30% con respecto ao do anterior, que confirman que "foi unha boa decisión" o cambio do certame para o mes de febreiro.
A alcaldesa agradeceu o esforzo feito non só por entidades e empresas colaboradoras, senón tamén polos propios locais participantes, que amosaron a súa calidade e excelencia profesional. Un esforzo "que mantedes durante todo o ano para construír esta Compostela Capital Gastronómica", defendeu, ao fío, Louzao.
Ao acto de entrega de premios tamén asistiron representantes da Corporación municipal, da Deputación da Coruña, da Axencia Galega de Calidade Alimentaria e das empresas colaboradoras.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana