Equipamentos municipais
Adiante a dirección facultativa da Casa dos Maiores do Ensanche compostelán
Raxoi ratifica convenios con Cáritas e mais coa Cruz Vermella para persoas sen fogar

Antigo local da Tesouraría da Seguridade Social en San Pedro de Mezonzo / Antonio Hernández

A xunta de goberno local do Concello de Santiago aprobou esta semana, entre outros asuntos, a segregación de varias parcelas localizadas no Cantón do Toural. Trátase dos predios localizados nos números 6A e 9. Ademais o executivo de Goretti Sanmartín deulle luz verde a unha cooperación coa Deputación da Coruña para dotar dunha sala de usos múltiples o Centro sociocultural da Rocha Forte, ao tempo que adxudicou a dirección facultativa do Centro de Maiores de San Pedro de Mezonzo.
Neste último caso resultou adxudicataria Acota Arquitectura, que presentou unha proposta económica de 71.632 euros para o acondicionamento do que popularmente se coñece como ‘Casa dos Maiores’ do Ensanche.
En canto á sala de usos múltiples da Rocha Forte, a voceira do goberno, Míriam Louzao, explicou que o local social non ten capacidade para máis de 50 persoas pero si acolle eventos cunha cifra de público maior, polo que xunto á Deputación da Coruña (propietaria do inmoble) acometerán un proxecto de 172.318 euros, no que o goberno provincial achegará o 60% do total e o Concello de Santiago 74.000 euros. As actuacións recollen tamén a protección arqueolóxica da contorna.
Persoas sen fogar
A xunta de goberno aprobou a xustificación de convenios coa Cruz Vermella relativos a persoas sen fogar e teleasistencia, por un orzamento de 100.000 euros. Na mesma liña o Concello colabora con Cáritas Diocesana Santiago, cunha achega de 120.000 euros para o programa Alares para persoas sen fogar, de «vivendas de transición á autonomía das persoas sen fogar», mentres se ultima o equipamento, persoal e material, do Cipis (centro de atención a persoas sen fogar) no parque de Belvís, que se prevé que abra en xuño deste ano, e cuxa ordenanza reguladora irá a debate no próximo pleno.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago