Memoria histórica
Apoio a Histagra para que identifique vítimas do fransquismo en Boisaca
O convenio da Universidade de Santiago coa Deputación da Coruña polo que esta entidade outorga 150.000 euros, permitirá que este grupo poida intervir en Serantes, Beira e Santiago

Varias persoas do grupo da USC exhumando os restos dun cadáver nunha fosa común. / USC
K.M.
Cunha contía de 150.000 euros por parte da Deputación da Coruña, a entidade provincial e a Universidade de Santiago firmaban este luns un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de actuacións en materia de memoria democrática na provincia.
O presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, e o reitor en funcións da USC, Antonio López, formalizaron a sinatura dun acordo que pretende impulsar a investigación, exhumación e identificación de vítimas da represión franquista nas fosas de Serantes, no Concello de Ferrol; en Boisaca, no de Santiago, e en Beira, no de Carral.
O grupo de investigación da USC Histagra, referente académico con máis de dúas décadas de experiencia no estudo da violencia golpista en Galicia e coordinador do proxecto Nomes e voces, será o encargado da execución técnica dos traballos.
Buscando respostas para as familias
Actuacións que levaranse a cabo cunha metodoloxía científica que combinará investigación histórica e documental co traballo arqueolóxico sobre o terreo e a análise forense dos restos localizados. Este proceso permitirá non só localizar e recuperar os restos das vítimas, senón tamén avanzar na súa identificación e ofrecer respostas ás familias que levan décadas agardando por coñecer o destino dos seus seres queridos.
Os traballos requirirán a participación de persoal especializado en arqueoloxía, historia e medicina legal, garantindo así que todo o proceso se desenvolva con rigor científico e baixo os máis altos estándares de investigación.
Produción dunha peza audiovisual
O proxecto incorpora ademais unha importante dimensión social e divulgativa. Entre as accións previstas destaca a produción dunha peza audiovisual que documentará o proceso das exhumacións e recollerá tanto o traballo técnico como o impacto humano e emocional que supón a apertura destas fosas.
O programa inclúea elaboración de publicacións académicas e a catalogación de bibliografía especializada sobre memoria democrática, que quedará custodiada na biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da USC para o seu acceso público.
Transmisión aos máis xóvenes
Valentín González Formoso destacou a importancia destas actuacións para preservar a memoria democrática e transmitir ás novas xeracións os valores da liberdade. «Estas accións lembran que os dereitos democráticos hai que cultivalos, preservalos e defendelos cada día, e é algo que temos que transmitir ás xeracións vindeiras», sinalou. «Dignificar ás vítimas e coñecer o aspecto emocional das familias dos exhumados é fundamental e vai chegar ao corazón das xeracións máis novas para que saiban o que neste país houbo que pelexar para que poidamos vivir en liberdade», engadiu.

Valentín González Formoso e Antonio López durante a sinatura do convenio. / Cedida
Incidiu en que «é fundamental coñecer o que ocorreu naquela época para que non volva ocorrer nunca máis na historia».
Antonio López puxo en valor o traballo desenvolvido polo grupo Histagra e destacou a importancia de seguir avanzando no coñecemento histórico da Guerra Civil e da represión franquista. «É imprescindible coñecer ben o que pasou na Guerra Civil e dar luz para que as próximas xeracións sexan moi conscientes do pasado», afirmou. Ademais, explicou que «cada vez que se dá un paso máis nesta liña e se traslada esa información ás familias das persoas que aparecen póñense os pelos de punta. É conmovedor ver como se dá luz e respostas ás familias tras moitos anos de escuridade».
Despedida a Antonio López
O presidente da Deputación aproveitou para despedirse de Antonio López, que nos próximos días deixará o cargo de reitor da USC, que ocupará Rosa Crujeiras tras os comicios da pasada semana. Definiu a López como «un colaborador nato» e que «en pouco tempo foi quen de impulsar unha universidade, logrando ampliar o alumnado, impulsar as investigacións e mellorar as infraestruturas».
O reitor en funcións subliñou o papel da Deputación como «un alicerce fundamental» para o desenvolvemento das actividades da universidade, destacando a estreita colaboración entre ambas institucións. «Sen o apoio da Deputación, non poderiamos facer o que facemos», afirmou. n
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias