Participación veciñal
Novo Foro de Turismo Sustentable: amplíase a representatividade
A actualización deste órgano vai ligada ao cobro do imposto por estadía turística

Raxoi amplía a representatividade de entidades e veciñanza no foro de turismo sostible / Alina Rodríguez
A xunta de goberno aprobou o proxecto de Regulamento do Foro de Turismo Sustentable, que se someterá á aprobación do pleno o vindeiro 26 de marzo. Con este documento o goberno bipartito actualiza a composición e as normas de funcionamento do foro ampliando ao tempo a súa representación. Ademais cumpre deste modo co cometido sinalado ao implementar o imposto de estadías (a coñecida como taxa turística) que establece unha comisión municipal de asesoramento e seguemento do tributo.
A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, detallou en rolda de prensa que a xunta de goberno deu luz verde a este proxecto na sesión extraordinaria pasado xoves 12 de marzo e que «a principal novidade é a ampla e diversa participación que recolle». Deste modo o plenario estará formado, ademais da presidencia municipal e das concellarías de Turismo e Facenda, por cadanseu membro dos grupos municipais e dos concelleiros non adscritos, e tamén participará persoal técnico de Turismo, Mobilidade, Cultura e Servizos básicos e de Tussa.
No novo foro terán representación Turismo de Galicia, a Fundación Catedral, o Consorcio, a USC, o aeroporto, a estación intermodal, a Cámara de Comercio, o Palacio de Congresos, o Consello do Estudantado da USC e o Centro de Estudos Turísticos da mesma universidade.
Míriam Louzao indicou que tamén terán representación no Foro de Turismo Sustentable «unha persoa de cada entidade sen ánimo de lucro do sector turístico que estea inscrita no Rexistro municipal de asociacións; unha persoa de cada entidade sen ánimo de lucro do ámbito do transporte de persoas; e unha persoa de cada entidade sen ánimo de lucro do ámbito do comercio». Terán representación tamén as entidades de consumidores e usuarios e as asociacións veciñais elixidas polo Consello de Relacións Veciñais (e dúas delas no ámbito do Plan especial).
- Fly2Galicia conectará Santiago con ocho destinos nacionales y europeos desde diciembre
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Adiós a otro comercio del casco histórico de Santiago: «Moita xente vén, proba, e logo compra nas plataformas»
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Los 113 años de historia de Comercial Tojo se resisten a la nueva realidad del casco histórico: “Quien me da de vivir son los vecinos de Santiago”
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- Así será el nuevo edificio que transformará esta zona de Santiago: 18 viviendas, locales comerciales y una fachada acristalada
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago