Proxectos bloqueados
Raxoi non marca unha data para o pleno de orzamentos
O goberno defende a necesidade de seguir a traballar para dotar a Santiago dunha nova xestión da auga sen ter debate plenario

O edil de Urbanismo, Iago Lestegás, e a voceira do goberno local, Míriam Louzao. / Concello

A vindeira semana, o xoves 26, celébrase no Pazo de Raxoi un pleno ordinario, mais o debate sobre as contas municipais non se discutirá nese momento, pero tampouco antes. Segundo explicou á prensa á voceira do goberno local, Míriam Louzao, aínda está por determinar a data para o pleno no que se aprobarán ou non os orzamentos municipais de Santiago para 2026.
Ás críticas da oposición e aínda así aliados noutros anos para a votación orzamentaria (PSOE e concelleiras non adscritas), que lle reclaman ao executivo de Goretti Sanmartín, entre outras cousas, que os orzamentos «chegan tarde», a concelleira Míriam Louzao respondeu que «as propostas tanto do PSdeG coma das non adscritas incorporáronse» ao documento orzamentario e non deixou de recalcar que no caso de que estas forzas progresistas se opoñan aos orzamentos no debate plenario «opóndose, opóñense a que avance Santiago».
A concelleira de Capital cultural e voceira do BNG no Pazo de Raxoi ratificouse en que o goberno local confía en que tanto PSdeG coma as concelleiras non adscritas apoien o plan orzamentario do Bipartito. «Non verbalizaron ningún motivo para votar en contra», especificou a edil nacionalista ao tempo que, sen concretar unha data, afirmou que o debate plenario terá lugar «nos próximos días».
Sobre a xestión do ciclo integral da auga, a concelleira reafirmou as palabras pronunciadas días atrás pola alcaldesa Goretti Sanmartín. Unha vez sometida a pleno a concesión, como tiña comprometido o goberno local, e sen que esta saíse adiante cos votos en contra do goberno local e a abstención do PP, «o máis valente é seguir adiante», pero tamén recalcou que os populares «deixaron claro que o que van facer é bloquear a cuestión».
Estuda agora Raxoi o estado actual do servizo, tamén en canto a gastos e ingresos dunha rede «obsoleta», para definir se a fórmula máis axeitada é a mixta ou a concesión, sen necesidade de volver someter a cuestión a debate plenario.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año