Ciclo integral da auga
Verea acusa a Sanmartín de "non cumprir a súa propia firma" no contrato de xestión da auga
A alcaldesa asegura que a partir da semana que vén o goberno trazará a planificación e calendarización da auditoría do servizo

Borja Verea mostra o documento asinado por Goretti Sanmartín / Cedida
O voceiro do Partido Popular, Borja Verea, acusou este martes á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, de "non cumprir a súa propia firma" sobre o compromiso de que sexa o pleno da corporación municipal quen decida o modelo de xestión do ciclo integral da auga. A cuestión foi tratada en febreiro pero quedou bloqueada. Logo duns días de reflexión, a rexedora anunciou unha auditoría do servizo da que emanará a decisión do goberno sen que volva tratarse no órgano colexiado.
Ante isto, Verea criticou que Sanmartín "asina do seu puño e letra que o modelo de xestión da auga ten que decidirse democraticamente no pleno. Hai que ter a cara de cemento armado para dicir agora que non lle interesa a vontade democrática do pleno, que non deixa de ser a vontade democrática de todos os santiagueses". Así, destacou que este é "un caso máis dunha alcaldesa que leva tres anos demostrando que non cumpre os seus compromisos", definíndoa como unha persoa "de conviccións fráxiles, con criterios cambiantes e na que non se pode confiar".
Novos informes
O líder do PP puxo tamén o foco na decisión do goberno de solicitar novos informes sobre o modelo de xestión. "Se xa encargaron un informe de 80.000 euros que, segundo eles mesmos, di claramente que a opción é a sociedade mixta, por que necesitan agora outro informe?", preguntou. Ademais, cuestionou que "non se poñan xa a traballar na sociedade mixta" se ese é o modelo que defenden.
Pola súa banda, a rexedora explicou na mañá deste martes que o goberno comezará a partir da semana que vén a trazar a planificación e calendarización da auditoría a través da dirección de área do departamento de Servizos Básicos. "A decisión está tomada e o tema está en marcha, pero todo isto require uns trámites administrativos que non se fan dun día para outro", subliñou.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco