Axenda cultural: Que facer hoxe, 18 de marzo, en Santiago?

A banda francesa Dead Myth / Cedida
Dead Myth actúa esta noite no Modus Vivendi
A banda destes tres músicos de Le Havre, Normandía, actúa esta noite ás 21 horas no local da Praza de Feixó. Frank, cantante e guitarrista; Clément, baixo; e Jordan, na batería, traen a Compostela o seu directo post-punk, garage e con melodías pop «escuras». As entradas poden adquirirse por 8 euros.

Cartel do filme 'Ema' que proxecta o Cineclube Compostela / Cedida
‘Ema’, do director chileno Larraín, no Cineclube de Compostela
CINEMA. O Cineclube de Compostela regresa este mércores ao centro social do Pichel, no seu horario habitual, e faino cunha nova sesión do ciclo ‘Mira quen baila’, no que se vai proxectar o filme Ema (Chile, 2019), unha película dirixida por Pablo Larraín na que o director chileno reflicte un doloroso proceso de adopción e a disolución dunha familia, nun ambiente ligado ao mundo da danza. Cunha «explosiva mestura de danza e drama», Larraín lanza «unha ollada ao sexo, o poder e a familia no Chile actual, mais fuxindo de lecturas moralizantes» e tentando simplemente reflectir emocións humanas crúas e desordenadas. «Tan fermosa como contraditoria», Ema é un dos filmes máis incómodos do director chileno para o espectador, colocado contra a parede en toda a metraxe por unha estilización fría e unha narrativa desdramatizada. A sesión vai ter lugarno local do Pichel (Santa Clara, 21) a partir das 21.30 horas.

Unha das imaxes que compoñen a mostra da Fundación RIA / Cedida
‘Deseño para vivir’, unha mostra monográfica na Fundación Casa RIA
DESEÑO. Casa RIA acolle até finais do mes de marzo unha exposición monográfica dedicada á traxectoria de David Chipperfield Design. Baixo o título Deseño para vivir, a mostra converte o edificio da Virxe da Cerca nun espazo de reflexión sobre o deseño «como acto de coidado, arraigado no material, no territorio e na vida cotiá». As dúas primeiras plantas do inmoble albergan máis de 50 obxectos, prototipos e bosquexos que axudan o visitante a «aproximarse de forma integral ao proceso creativo do estudio, sempre co territorio como base fundamental». Pode visitarse de balde en horario de 10 a 17 horas. A exposición compleméntase cun programa que reune profesionais do deseño gráfico.
Exposición na igrexa da Compañía da USC
ARTE. ‘Auga, lodo e capital’ é unha mostra que sitúa o espectador ante a «ferida aberta nos ríos e cauces da terra». A través dela Àlvar Calvet analiza como o sistema se converteu en elemento primixenio da vida, «en mercadoría especulativa». A exposición chega á igrexa da Compañía da USC vencellada á planta de Altri, e xunto a outras obras do artista representa o conflito da auga. Pode visitarse na praza da Universidade de 11 a 14 e de 17 a 20.30 horas.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias