En clave electoral
O PSOE non apoiará os orzamentos para 2026 e reserva a carta de poder tumbalos
Os concelleiros socialistas Marta Abal e Sindo Guinarte comparecen en rolda de prensa sen aclarar se se absterán ou votarán en contra, o que suporía que non saísen adiante
O goberno local ve na declaración do PSdeG "tacticismo" electoral

O 25 de marzo celébrase o pleno extraordinario para debater os orzamentos, só un día antes do pleno ordinario de marzo / cedida

Os concelleiros do PSdeG no Pazo de Raxoi, Sindo Guinarte e Marta Abal, compareceron este mércores en rolda de prensa para anunciar que "non votaremos a favor" dos presupostos do goberno local para 2026. O voceiro do grupo indicou que "non son os orzamentos que nos gustarían nin os que faríamos", no caso de estar ao mando do Concello de Santiago. Os socialistas fíano todo a que o executivo de Goretti Sanmartín inclúa no documento final "peticións" presentadas durante as negociacións.
Unhas xuntanzas das que falou a voceira do goberno, Míriam Louzao, nunha rolda posterior aclarando que nas mesmas "non se sinalou ningunha liña vermella", polo que o goberno local "non entendemos a motivación para votar en contra", máis alá de que se trate de "tacticismo electoral". Guinarte aclarou na rolda que algunhas das peticións que se fixeron ao executivo local «afectaban a cuestións políticas que non requirían unha plasmación en números non orzamento. Outras eran cuestións concretas, moitas delas, froito do noso diálogo cos veciños, esixencias que xa non admiten demora».
Por outro lado, as concelleiras non adscritas teñen un posicionamento similar ao do PSOE, pois segundo fontes consultadas por EL CORREO GALLEGO "non están en disposición de aprobar os orzamentos", posto que consideran que a rexedora "incumpriu todos os preacordos acadados na negociación".
Os concelleiros Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez falan de cuestións comúns cos socialistas coma "a reducción de 900.000 euros na partida de ingresos en multas, actuacións nos parques infantís, e tamén denuncian que "seguen sobredimensionadas todas as partidas".
Así as cousas, o debate plenario extraordinario do vindeiro 25 de marzo pode derivar nunha cuestión de confianza, ao non conseguiren os apoios necesarios para sacar adiante os orzamentos, se así o considera o goberno local. Chegado ese punto, ou ben a oposición nomea novo alcalde nun prazo de 30 días, ou ben os presupostos se aprobarán automaticamente.
Sobre esta cuestión de confianza pronunciouse o voceiro do PSdeG, Sindo Guinarte, que asegurou que o "voto facilitador" da súa formación "terá que vir da man da asunción dunha parte das peticións", que a concelleira Louzao asegura que foron atendidas e incorporadas. Así e todo, Guinarte afirmou ante a prensa que "non imos estar nunha operación alternativa de goberno".
Renuncia a captar fondos europeos
Entre as cuestións que os socialistas lle achacan ao goberno local para non apoiaren os orzamentos están "a falta de ambición" dos mesmos, a rebaixa dos investimentos nun 50% "nos orzamentos máis altos da historia, que ascenden a 148 millóns". Para a concelleira Marta Abal estes datos "certifica a ausencia de liderato na xestión", en especial de fondos europeos Edil.
Para a concelleira Marta Abal estes datos «certifican a ausencia de liderato na xestión», en especial de fondos europeos Edil. «O Concello de Santiago obtivo unha axuda de 8,7 millóns de euros, de fondos Edil, pero o orzamento só consiga 725.691 euros, moi lonxe de cantidades que terá que executar e certificar a 31 de marzo de 2027.
Abal asegura que ao non desenvolverse o 40% das actuacións na Almáciga, Ultreia e Meixonfrío para as que se captaron fondos europeos, antes de marzo do 2027, estas contías perderanse, ao tempo que se pecha a oportunidade de conseguir máis apoios económicos dentro deste programa.
Para o PSOE non optar a estes fondos impedirá «poder executar actuacións que transforman a cidade, como, por exemplo, a mellora do Ensanche, a tan desexada reurbanización do Restollal ou a mellora do que o goberno chama o conector central». Abal insistiu en que estas consecuencias resultan para a súa formación «moi graves, porque co crédito consignado non se cumprirían a día de hoxe os mínimos establecidos na normativa comunitaria».
A concelleira socialista denunciou na rolda de prensa que "os orzamentos son moi pouco rigorosos" e contabilizan ingresos "dubidosos" ao tempo que incumpren xa no papel "o límite de horas extraordinarias" que marca a lei. Entre as inconcrecións do documento orzamentario, Abal destaca a previsión de "ingresos por multas de máis de cinco millóns", cando segundo os datos de 2024, os coñecidos até o de agora, a recadación non superou os tres millóns de euros.
Dende a bancada socialista tamén se puxo o foco na creación da empresa municipal de vivenda e solo porque o goberno local «prevé a creación e o crédito para crear esa empresa pública de vivenda e solo, prevé o plano económico-financeiro, pero a intervención municipal está a dicir que non se pode crear esa empresa». As razóns que aduce a concelleira, segundo os datos da intervención, refírense a que «durante o ano 2026 non se poderá crear unha empresa pública de vivenda e solo ao estar en vigor un plan económico e financeiro aprobado durante o 2025, por incumprimento da regra do gasto".
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo