A primavera chega a Santiago este venres tras o segundo inverno máis chuvioso do século
O pluviómetro da estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC recolleu 831,3 litros/m2

Persoas camiñando polo paseo central da Alameda e disfrutando do bo tempo, este luns 16 de marzo. / Antonio Hernández
L.R.
A primavera comeza este venres, 20 de marzo, ás 15:46 horas, cando o Sol cruza Aries, tamén chamado punto Vernal. Este paso sinala o inicio da estación no hemisferio norte. O comezo das estacións prodúcese cando o Sol no seu percorrido aparente sobre a eclíptica pasa por catro puntos ben definidos: os equinoccios e os solsticios. Os primeiros correspóndense cos puntos de corte da eclíptica co ecuador celeste, e son os puntos Aries e Libra. Ponse así fin ao segundo inverno máis chuvioso deste século cun total de 831,3 litros/m2 recollidos no pluviómetro da estación meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.
Durante o presente século a primavera pode comezar entre os días 19 e 21 de marzo. A data máis tardía xa aconteceu en 2003 (ás 2.00 horas do día 21) e a máis temperá aínda tardará ata o ano 2096 (15.00 horas do día 19). En todo caso, a primavera cunha duración de 92,74 días é a segunda estación en duración logo do verán con 93,65 días. Este ano, vaise prolongar ata as 10 horas e 24 minutos do 21 de xuño.
Segundo explica o profesor José Ángel Docobo, coordinador científico do Observatorio da USC, “nestes dias, na contorna do equinoccio, as duracións do día e da noite son teoricamente iguais. O Sol sae exactamente polo leste e o solpor prodúcese exactamente ao oeste. Porén, debido á luz crepuscular, antes da saída do Sol e logo do solpor, a claridade supera a escuridade".
A primeira Lúa chea da primavera (este ano o 2 de abril) marca as datas do Entroido, Semana Santa e a Ascensión, xa que logo o domingo de Pascua (5 de abril) é o domingo seguinte ao primeiro plenilunio da estación que agora comeza.
“Durante os vindeiro meses teremos a oportunidade de observar a simple vista os planetas Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter, e Saturno”, apunta Docobo. “O primeiro deles, que sempre é difícil de localizar, poderá verse antes da saída do Sol a comezos de abril, e logo do solpor a mediados de xuño”, engade. Venus vai ser o luceiro vespertino durante toda a estación.
Dende mediados de abril, Marte e Saturno estarán cara o leste antes do amencer, en tanto que Xúpiter, situado agora na constelación dos Xemelgos, pode contemplarse a primeiras horas da noite, pasando ao oeste despois do solpor a finais da primavera.
Temperatura máxima do actual inverno, 24,2º e a mínima, 0,3º
O pluviómetro da estación meteorolóxica do Observatorio medira no inverno ano 2025 un total 748 l/m2 de precipitacións, sendo antes o que tiña a segunda posición en choiva despois de daquel outro de 2001, que superara amplamente a estes dous con 1.445,7 l/m2.
No actual inverno, a temperatura máxima rexitrouse o día 17 de marzo con 24,2º, en tanto que a temperatura mínima foi a do Día de Reis, con 0,3º.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana