Alumnado palestino
O estudante gazatí Mahmoud Almughany doutórase na USC
Na súa tese relata as penurias que pasou nun país en guerra para sacar adiante o traballo

O doutor en Ortodoncia gazatí Mahmoud Almughany / USC
«Podes imaxinar ser un estudante de doutoramento vivindo no medio dunha brutal guerra de exterminio? Tes que traballar, avanzar nos teus estudos, buscar artigos académicos e libros para ler, organizar as túas ideas e escribir, todo mentres careces das necesidades máis básicas. Non hai electricidade, nin auga, nin internet e non hai comida dabondo para sobrevivir nas dificultades da guerra. O ruxido dos avións militares, os bombardeos e as explosións enchen o ar mentres te moves dun lugar a outro, buscando un refuxio seguro para ti e a túa familia».
Así comeza a introdución da tese de doutoramento de Mahmoud Almughany, estudante palestino residente en Gaza que o pasado luns leu a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela na que analiza dúas técnicas ortodónticas empregadas para transmitir as forzas xeradas polos fíos e aparellos aos dentes.
Mahmoud Almughany relata na súa tese doutoral as dificultades de atopar unha cafetaría en Gaza «con electricidade e internet» para reunirse cos compañeiros aos que axudaba na investigación. E nesas circunstancias que describe engade, «mergullábame na lectura, a escritura, a análise de datos e os repetidos intentos de redactar un artigo para publicar», un requisito esencial para o doutoramento, «e pedíalles aos participantes no traballo que viñeran aos exames rezando a Deus pola súa seguridade para completar o meu estudo».
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana