Mobilidade
Bouza critica a actuación da Xunta na senda entre Santiago e O Milladoiro: "Non hai novo proxecto"
O deputado socialista considera que o goberno galego limitouse a promover a "eliminación interesada" do tramo que afectaba ao Banquete de Conxo
A asociación Composcleta celebra a reanudación das obras

Obras nun tramo da senda entre Santiago e O Milladoiro / Jesús Prieto
O deputado e secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, criticou este venres a actuación da Xunta de Galicia no tramo da senda peonil e ciclista entre Santiago e O Milladoiro que afecta ao bosque do Banquete de Conxo e anunciou iniciativas parlamentarias ao respecto. Despois de que o goberno galego se vise na obriga de modificar o proxecto polos informes desfavorables, Bouza estimou que "decidiron extraer esa parte que non lle convén e dicir que o farán nunha segunda fase, cando realmente xa todos e todas sabemos que este proxecto é o mesmo".
O líder dos socialistas composteláns afondou en que "non hai novo proxecto, non hai ningún tipo de alteración máis que a eliminación interesada da Xunta de Galicia desa parte. Venderon un novo trazado, pero non hai novo trazado".
Desta maneira, anunciou que o PSdeG súmase ás reivindicacións que se fixeron desde a asociación de veciños Conxo Aberto e ás advertencias do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (Icomos) de que "é unha zona de alto valor ambiental e patrimonial, e tamén establece o Banquete de Conxo como un todo no seu conxunto que non se pode desfragmentar".
Iniciativa parlamentaria
Diante disto, Bouza levará a cuestión ao Parlamento e preguntará "por que casualmente non hai informe favorable nin desfavorable de Augas de Galicia sobre a senda do Banquete de Conxo? Porque o impacto que vai haber sobre o río Sár é importante que se coñeza".
"Nós queremos que se traballe da man das asociacións e dos colectivos, pero sobre todo respectando os informes de organismos independentes internacionais, que o que establecen, ademais, é que se ten que protexer e preservar o noso patrimonio", engadiu.
Composcleta celebra a reanudación das obras
Pola súa banda, a asociación Composcleta valora "moi positivamente a reanudación das obras da ciclovía". A entidade fai a mesma consideración sobre a última modificación do trazado na contorna do Banquete de Conxo, que "recolle as nosas propostas de melllora minimizando os desniveis e as pendentes e evitando o impacto cultural e ambiental ao non coincidir co proxecto do Ecobosque de Conxo".
A asociación agrega que o trazado neste tramo "é fundamental para esta infraestrutura para minimizar desniveis e pendentes, facilitando así á accesibilidade a persoas de calquera idade e condición física". Dende Composcleta, indican que "estamos convencidos que a ciclovía será unha alternativa viable para tódalas idades, ás actuais dependencias do transporte público ou do coche propio, para o desprazamento cotián entre O Milladoiro e Santiago".
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año