Xestión de residuos
O PP de Santiago denuncia a "preocupante proliferación de escombreiras" en toda a cidade
Adrián Villa culpa o executivo local de "pasotismo e de defender un falso medioambientalismo que despois esquecen cando gobernan"

Residuos depositados nunha escombreira de Santiago, na parroquia de Laraño / Cedida
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, denunciou a "preocupante proliferación de escombreiras" nos últimos anos en diferentes puntos da cidade, como o que se pode ver na parroquia de Laraño. "Estamos ante unha cuestión moi preocupante, que demostra o pasotismo do goberno de BNG e CA, que defenden un falso medioambientalismo que, cando chegan ao goberno, parecen esquecer. A dura e pura hipocrisía que os define", indicou despois do rexistro dunha moción conxunta de ambas formacións para reclamar á Xunta activar a retirada dos escombros do vertedoiro de Miramontes ante a sentenza que condena a empresa Tecnosolos Galaicos por un delito contra o medio ambiente.
Vertedoiro en Laraño
Villa puxo o foco nun vertedoiro "incontrolado" na parroquia de Laraño, situado no interior dunha pequena pista deportiva abandonada, onde se pode visualizar un gran volume de escombro de obra, así como diferentes electrodomésticos e mobles, entre outros residuos. Ademais deste punto, o concelleiro remarcou que "non é complicado atoparse puntos similares, tal e como vimos denunciando nos últimos anos".
"Unha cuestión que tamén está á orde do día no propio Ensanche, onde é ben doado atopar a rúa chea de residuos ao redor dos colectores", remarcou. Un asunto que, ao seu entender, "responde a falta de información, publicidade e preocupación parte do goberno nacionalista".
Punto limpo do polígono do Tambre
No referente aos vertedoiros máis afastados, o PP solicita un cambio no modelo de recollida no punto limpo do polígono do Tambre, onde existe unha limitación no volume de depósito de lixo, "o que provoca que un particular que faga unha pequena obra no seu fogar, non poida entregar todo o escombro, tendo que recorrer a unha empresa, co consecuente custe económico, o que fai que, moitas persoas, recorran a estes vertedoiros ilegais", explicou.
Por último, Villa reclama que o goberno de BNG e CA "abandone a moqueta e baixe ao terreo" para diagnosticar estes vertedoiros incontrolados e, de forma urxente, proceda á retirada de todos os residuos, instale sinais de advertencia e das posibles sancións e, a maiores, proceda a estudar unha flexibilización no volume que se pode depositar no punto limpo do Tambre.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle