Orzamentos 2026
Sanmartín chama á responsabilidade da oposición: "Que gaña Santiago se non se aproban os orzamentos?"
A alcaldesa non descarta a cuestión de confianza se os presupostos non saen adiante este mércores: "Farei o que teña que facer pola veciñanza"

Goretti Sanmartín, durante su comparecencia de este viernes en el Pazo de Raxoi / Cedida

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, compareceu este venres en rolda de prensa para dar conta, entre outros asuntos, da situación na que pode ficar o concello se no pleno extraordinario do mércores 25 non saen aprobados os orzamentos municipais para 2026.
"Xa foron desvelándose nos últimos días cales van ser as posicións das concelleiras non adscritas e do Partido Socialista", comentou a rexedora en referencia ao anuncio de ambas formacións de que non votarían a favor dos presupostos. "O Partido Popular non hai dúbida de cal vai ser a súa posición porque por sistema é contrario, sexa cal sexa o asunto de que se trate".
Por iso Sanmartín insta á responsabilidade de non adscritas e PSOE ao tempo que anima á veciñanza a que se faga dúas preguntas: "Que resolven estes orzamentos e para que serven?, Que gaña Santiago se os orzamentos non saen aprobados?".
A rexedora afirmou que de darse o caso no pleno extraordinario de que non saian adiante os orzamentos "non se resolve absolutamente nada, unha prórroga estancaría moitos proxectos que poderían avanzar e impide acometer outros novos".
Ante as preguntas da prensa sobre unha cuestión de confianza, no caso de que como parece, os orzamentos de 2026 non saian adiante no pleno extraordinario, a rexedora asegurou que "se non se aproban farei o que teña que facer pola veciñanza, pero todo o mundo ten que reflexionar de aquí ao mércores".
Servizos básicos e protección social
Na rolda, Goretti Sanmartín indicou algún dos aspectos contidos no documento orzamentario que decaerían sen un 'Si' da maioría da Corporación municipal aos mesmos. "Este novo orzamento permite atender un incremento do custo dos servizos públicos que non terían cobertura", como son os 14 millóns de euros que custa a limpeza e recollida de residuos, os 4,2 millóns da nova depuradora, o contrato dos Centros socioculturais ou os servizos de conciliación municipais.
A alcadesa indicou que todos estes servizos ven nos orzamentos de 2026 un incremento presupostario de 5,6%, o que suma máis de 70 millóns, dos que non se podería dispoñer se se prorrogan as contas de 2025. No referido á protección social Sanmartín asegura que as contas incrementan o gasto da área nun 250%, que afecta especialmente ao SAF (Servizo de Atención no Fogar), mais tamén indicou que destes novos orzamentos dependeran as subvencións nominativas a entidades asociativas e ao tecido deportivo, social e cultural de Santiago.
Non deixou de recordar tampouco a líder do goberno local, que "o orzamento que se leva ao pleno do mércores permite incrementar o número de persoal do Concello", como é o caso do corpo de bombeiros, que se incrementaría en seis novos efectivos ou de Policía Local, que aumentaría en tres efectivos. "Ademais, só se temos novos orzamentos poderemos investir outros dous millóns de euros no rural", insistiu, "moi necesitado de apoio" e de pavimentar viais ou arranxar infraestruturas deportivas.
Crítica co posicionamento dos progresistas
Para Goretti Sanmartín o posicionamento amosado nos últimos días por socialistas e non adscritas "só se explicaría por un tacticismo suicida". A rexedora amosóuse moi crítica cos edís que noutro momento compartiron bancada baixo as siglas do PSdeG: "Móvense tres pasos para un lado e dous para o outro nun baile co que intentan ocupar o que foi o seu espazo e tapádonse os uns aos outros".
Esta actitude provoca, en palabras da alcaldesa, que en realidade ese espazo queda baleiro, e denuncia que o que achacan ambos grupos para non votar a favor dos orzamentos de 2026, "son os tópicos de sempre: que non houbo diálogo e negociación".
Como xa fixo no seu día a voceira do goberno local, Míriam Louzao, Sanmartín insistiu en que "claro que houbo, semanas e semanas, demostrando que moitas das súas demandas xa estaban incluídas no proxecto, achegando informes e aclaracións e tamén incorporando outras propostas novas".
Goretti Sanmartín lánzalles a PSOE e non adscritas o dardo de que "é moi fácil caer nese tacticismo electoralista se se esquece para que estamos aquí", que e para resolver os problemas da veciñanza de Compostela e non "estar pensando nas eleccións", que serán nalgo máis dun ano, e asegura que no goberno local "temos que continuar avanzando".
Sanmartín sentenzou que "este non é o momento de xogar, é o momento de que todo o mundo arrime o ombreiro, para resolver problemas e mellorar a vida da xente" e instou aos progresistas da oposición a actuar con responsabilidade, nesta liña, o vindeiro 25 de marzo.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas