Día Mundial da Síndrome de Down
A copresentadora dos Premios Down Compostela: "A limitación tena quen pensa que é un impedimento"
Esta moza con trisomía 21 reivindica «as mesmas oportunidades que as demais persoas»

Mónica Otero, copresentadora da gala de entrega dos Premios Down Compostela, durante a súa intervención. / Jesús Prieto
K.M.
Mónica Otero, unha moza con trisonomía 21 reivindicou onte na entrega dos Premios Down Compostela que «ter un cromosoma extra non pode ser a escusa para privarnos dos nosos dereitos», e considerou que «ter síndrome de Down non é un problema, nin unha dificultade, nin un impedimento, nin unha limitación», senón que máis ben «a limitación tena quen pensa o contrario».
Copresentadora do acto no que a Fundación Down Compostela recoñecía nesta ocasión o traballo de Carol Jean Gillanders e María José Caamaño, así como do CEIP Os Tilos e de Balidea Consulting & Programaing, reclamou xunto co presidente da entidade, Juan Martínez, «un cambio de mirada para conseguir unha sociedade máis inclusiva, máis tolerante e máis solidaria, da que todos e todas formemos parte de verdade».
Asistencia de numerosas autoridades
A gala no Auditorio de Galicia, á que asistiron máis de 300 persoas, estivo presidida pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o reitor da Universidade de Santiago en funcións, Antonio López, e a deputada provincial de Servizos Sociais, Mar García Vidal. Canda eles, tampouco quixeron perderse esta cita os directores xerais de Traballo Autónomo, Marta Mariño, e de Familia, Jacobo Rey; xunto ás deputadas autonómicas Carmen Pomar e Iria Carreira. Do ámbito municipal acudiron a edil de Servizos Sociais de Compostela, María Rozas; representantes dos concellos de Brión e de Porto do Son, e Gerardo García Alvela, da Cámara de Comercio de Santiago.
Na lectura do manifesto institucional polo Día Mundial da Síndrome de Down, Mónica Otero reclamou o seu dereito «a participar, a sentirnos parte da nosa comunidade, a que se nos trate coma persoas adultas e a facer algo máis que fotocopias nos nosos traballos».
«Queremos tomar as nosas propias decisións, que nos deixen equivocarnos, e ser persoas autónomas e independentes»
«Queremos tomar as nosas propias decisións, que nos deixen equivocarnos, e ser persoas autónomas e independentes», incidiu, e engadiu na gala xunto ao xornalista de Onda Cero Ramón Castro que «estamos cansos de que pensen por nós, de que nos etiqueten, e dos prexuízos sobre as persoas coa síndrome de Down».

Juan Martínez, presidente da Fundación Down Compostela, cos galardoados e autoridades presentes na gala. / Jesús Prieto
Os galardoados
Un cambio de mirada que, en palabras de Juan Martínez, fixeron no CEIP Os Tilos «para mudar estruturas e metodoloxías para acadar unha inclusión educativa real que beneficia a todo o alumnado». A mirada inclusiva no cadro directivo da tecnolóxica Balidea «facilitou a contratación de Sara e Cristina, cambiándolles a vida a estas dúas mozas, que están demostrando a súa valía». Pola súa parte, as profesoras da USC Carol Jean Gillanders e María José Caamaño, «levan tempo tecendo redes e pontes para que os hoxe estudantes e futuros profesionais da educación coñezan a realidade das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual» a través do proxecto CASE.
Nunha cita coa actuación do músico irlandés Simon Lewis, a exalumna do CEIP Os Tilos Irene Rodríguez-Toubes animou a este profesorado a «seguir traballando pola accesibilidade». Daniel Penalta entregoulle a man que simboliza os galardóns á directora, Sofía Fernández Alonso, e á súa titora no centro, Ana María Agulla.
Aposta pola autonomía e a accesibilidade
Cristina Abalo destacou que para ela e para Sara Romero traballar en Balidea «é ilusión, é forza, é autonomía que temos todos os días» e, en nome da empresa, recibiu o premio a directora da área de Persoas, Pilar Gómez Bardanca.
Carmen Romero agradeceu o compromiso coa educación inclusiva de Carol Jean Gillanders e María José Caamaño, así como a implicación do estudantado de Maxisterio que participou na elaboración do conto musicado CASE. Subliñou que «cando colaboramos, todos aprendemos», e engadiu que «convertémonos en expertas contacontos e fixemos gozar aos máis pequenos do Quiroga Palacios cando o representamos». Amanda Castillo e María Mirás foron as encargadas de entregarlle a distinción ás dúas profesoras da USC.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago