Actualización de servizos
A nova xestión do ciclo da auga non vai volver a debaterse no pleno compostelán
«O goberno local segue a traballar para sacar adiante o novo modelo», asegura Sanmartín

Depósito de Camiño dos Vilares en Santiago / Antonio Hernández

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reafirmouse este venres na intención do goberno local de continuar cos traballos para sacar adiante un novo contrato para a xestión do ciclo da auga no concello.
Logo de que a comisión especial decidise que se debatese a concesión, e non por xestión mixta público-privada, e de que o pleno votase contra esa fórmula, a alcaldesa afirma que «queda de manifesto o que pretende cada quen».
Facía así referencia Sanmartín ao posicionamento de PSOE e PP na comisión en favor da concesión e o cambio de voto dos populares no debate plenario, posicionándose en contra. Para a alcaldesa o goberno local «cumprimos o compromiso de abrir o debate, e de crear a comisión, facer novos estudos e levalos ao pleno».
Pero unha vez que a maioría da corporación se posicionou en contra (BNG, CA e PP) non ve a necesidade xurídica de atender a demanda das concelleiras non adscritas, que pediron que volvese ir ao pleno.
«Non ten sentido ir de novo ao pleno», defendeu Sanmartín porque «o debate xa se produciu», polo que para o goberno é fundamental «seguir traballando» para actualizar un servizo obsoleto «dende hai moitos anos».
«O goberno ten unha responsabilidade con Santiago e coas súas infraestruturas», polo que seguirá cos trámites, e só irán a pleno «cuestións concretas que precisen debaterse».
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco