Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Casa do Cabido

Mirada plural de Santiago a través das acuarelas e fotos do colectivo Lucet

A exposición ‘A alma de Compostela’ poderá visitarse gratis ata o próximo 31 de maio

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, observando algunhas das pezas da mostra.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, observando algunhas das pezas da mostra. / Antonio Hernández

Redacción

Santiago

O colectivo Lucet propón na exposición A alma de Compostela: un percorrido en acuarela e fotografía unha interpretación visual de Santiago a través da acuarela, da fotografía, do pastel e do óleo.

A mostra, cunha selección de obras deste colectivo, foi inaugurada este venres polo Consorcio de Santiago na Casa do Cabido, nun acto ao que asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o xerente do organismo interadministrativo, José Antonio Domínguez; o responsable de exposicións do Consorcio, Juan Conde, e membros do propio colectivo artístico.

Aberta de martes a domingo

Con acceso de balde, estará aberta ao público en horario de martes a sábados de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, mentres que os domingos poderá visitarse entre as 11:00 e as 14:00 horas.

Forma parte do Proxecto Compostela, unha investigación visual desenvolvida por Lucet na que a práctica artística é unha ferramenta de análise do territorio, da memoria e da experiencia urbana.

Durante a súa intervención, a alcaldesa compostelá subliñou o cáracter coral desta exposición e o efecto que esa autoría colectiva ten sobre a ollada que constrúe de Santiago, e considerou que as obras «poñen en valor o perfil patrimonial, contemporáneo e rural» da capital galega.

Forman parte do colectivo Lucet os artistas Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Melania Gómez Barral, Ana Cancela Muras, Julia San Martín del Barrio, María del Carmen Valverde, Francisco Hervella Rodríguez, Dolores Mato Gómez e o fotógrafo Salvador Galbán Dios.

Tracking Pixel Contents