Mobilidade
Muíños ve posibles riscos e atrasos na licitación do transporte urbano de Santiago
O concelleiro valora positivamente os avances pero cre que deben ser recibidos «con cautela»

Autobuses urbanos na rúa da Senra de Santiago / Antonio Hernández
O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños cualificou como «unha boa nova» o avance no proceso de licitación do transporte urbano, ao que concorren cinco empresas. Un feito que, segundo Muíños, podería mellorar a prestación futura xa que «ao haber diversidade de ofertas está claro que redundará nunha mellora do servizo para a cidadanía».
Con todo, advertiu de que estes avances deben ser recibidos «con cautela ao tratarse dun contrato de gran dimensión e con importantes intereses económicos en xogo». Neste sentido, non descartou a posibilidade de que se presenten novos recursos, especialmente na fase de valoración das ofertas, o que podería derivar en novas paralizacións do proceso.
O edil tamén puxo o foco nas «grandes incertezas» que, ao seu xuízo, seguen existindo arredor do modelo de xestión escollido. Criticou que o goberno local «desoíse o mandato do pleno», que en xuño do 2025 aprobaba instar ao executivo a definir previamente a forma de xestión do servizo coa participación de toda a Corporación Municipal. «O BNG optou por un contrato de servizos en lugar dunha concesión, asumindo o Concello todo o risco operacional», sinalou. Así, engadiu que este modelo implica que a empresa adxudicataria «non asuma risco ningún».
Compromiso de Sanmartín coa parroquia de Busto
Por último, o concelleiro non adscrito amosouse crítico coa alcaldesa, Goretti Sanmartín, a quen acusou de ter unha «credibilidade en horas baixas». Muíños puxo en dúbida o compromiso público de Sanmartín para que o servizo chegue á parroquia de Busto e lembrou compromisos anteriores que, segundo afirmou, «non foron cumpridos, como a xestión do contrato da auga sendo capaz de incumprir o que ela mesma asinou, reclamando no 2022 que o pleno determinase a fórmula de xestión e anunciando agora a súa intención de saltarse este trámite para aprobalo directamente en xunta de goberno».
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas