O Museo do Pobo Galego pon en valor a cultura da máscara
Celebra unha xornada o vindeiro sábado 28 como parte da programación dunha exposición

Museo do Pobo Galego, en Santiago / ECG
O sábado, 28 de marzo, terá lugar na Ala sur do Museo do Pobo Galego , en Santiago, a xornada Máscaras: creación e diálogo, arredor da cultura da máscara. Trátase dun encontro para «repensar a cultura popular desde o presente: tradición, identidade e cambio nun mesmo espazo», sinalan.
A xornada forma parte da programación arredor da exposición temporal Masks. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II, que se poderá ver até o 26 de abril. No marco da mesma programación, o venres, 27 de marzo, ás 16:30 horas, terá lugar a primeira dunha serie de visitas guiadas á exposición. Para inscribirse, é necesario enviar un correo electrónico a deac@museodopobo.gal até o 26 de marzo.
O sábado terán lugar desde as 11.00 horas as intervencións Máscaras e xéneros, con Elena Freire Paz e Marta Veiga Izaguirre; e A expansión do etnolóxico e a arte mascareira, de M.ª Pilar Panero García, seguidas por unha conversa aberta co público asistente.
Para finalizar, ás 13.00 horas, Luis Antonio Pedraza ofrecerá o recital De man en man, no que recupera a esencia da música tradicional a través de instrumentos e melodías transmitidas ao longo do tempo, mantendo vivo un legado que continúa en movemento.
A entrada para asistir a estas actividades é libre ata completar a capacidade da sala.
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Adiós a Bruno Hache, el compostelano vinculado al sector del café que deja huella por su cercanía y vitalidad
- Santiago adjudica por más de 300.000 euros el mantenimiento del pavimento del casco histórico
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Abren las becas para educación no obligatoria de las que se benefician 54.000 gallegos: plazos, cuantía y cómo solicitarlas
- 45 años en la pista: el último titán de las discotecas rurales que resiste en Touro
- El bocadillo que triunfa en Santiago y compite por ser el mejor de España