Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ARQUITECTURA

Chega o ciclo "Iconografía e Arquitectura na Catedral de Santiago, s. XI-XV"

Este mércores, inauguración no oratorio S. Felipe Neri (Martiño Pinario; entrada pola porta do museo, situada entre a praza da Inmaculada e a rúa da Moeda Vella)

Exterior da Catedral de Santiago

Exterior da Catedral de Santiago / Antonio Hernández

Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

Santiago

Este mércores (19:15 h.) ten lugar en Santiago a inauguración do ciclo "Iconografía e Arquitectura na Catedral de Santiago de Compostela, s. XI-XV", que ten por sede o oratorio S. Felipe Neri (Martiño Pinario; entrada pola porta do museo, situada entre a praza da Inmaculada e a rúa da Moeda Vella.

Coloquios e visitas

É un proxecto  organizado pola nosa asociación cultural O Galo coa colaboración da Deputación da Coruña, da Fundación Catedral e o Museo Diocesano.  O acto inaugural correrá a cargo do director desa mesma fundación, Daniel Lorenzo Santos.

A ponencia inicial, chamada "A Arquitectura románica da Catedral de Santiago", será impartida por David Chao e rematará cunha visita de 25 minutos, guiada por este profesro doutor de arte medieval da USC, ao interior da catedral compostelá.

Resto do programa

Todo o ciclo " Iconografía e Arquitectura na Catedral de Santiago de Compostela, s. XI-XV " celebrase con ponencias que teñen como elemento engadido unha visita guiada.

Póster do ciclo " "Iconografía e Arquitectura na Catedral de Santiago de Compostela, s. XI-XV".q"

Póster do ciclo " "Iconografía e Arquitectura na Catedral de Santiago de Compostela, s. XI-XV".q" / Cedida

O resto de ponentes: David Chao, prof. de arte medieval da USC falará de "A Arquitectura románica da Catedral de Santiago" este mércores; Victoriano Nodar, prof. de arte medieval da UVigo de "Capiteis románicos da catedral de Santiago", o xoves 9 de abril; Ramón Yzquierdo Peiró,  director técnico do Museo da Catedral de "O Mestre Mateo. O gran artista da Catedral", o xoves 21 de maio; Marta Cendón, prof. de arte medieval da USC de " O gótico na Catedral de Santiago", o mércores 17 de xuño e Manuel Antonio Castiñeiras, prof. de arte medieval da UAB de " Os Portais Historiados da Catedral de Santiago”, en data por determinar. 

Tracking Pixel Contents