Votarán a favor do regulamento
Os non adscritos dan luz verde ao foro de turismo de Santiago
Rosón critica o «atraso» do goberno local na constitución deste órgano

Gonzalo Muíños, Mercedes ROsón, Mila Castro e Marta Álvarez, concelleiros non adscritos de Santiago / Cedida
A concelleira Mercedes Rosón anunciou este martes o voto a favor do regulamento do Foro de Turismo Sustentable que se encargará da gobernanza do 80 % do recadado pola taxa turística. O apoio chega despois de que os non adscritos negociaran varios cambios na redacción do documento orientados a reforzar a presenza da veciñanza do ámbito do Plan Especial, a inclusión dunha representación do departamento de Servizos Básicos e a formulación dun grupo de traballo específico para cada Ano Santo.
Rosón destacou o reforzo da representación veciñal das zonas incluídas no ámbito do Plan Especial -como a cidade histórica, San Pedro ou Galeras- ao considerar fundamental dar voz ás áreas que soportan en maior medida "as externalidades negativas do turismo", ao mesmo tempo que procuran garantir "unha correcta representación de todos os intereses", subliñou.
Mellora dos servizos
Así mesmo, tamén propuxeron -e así figura no documento definitivo que se votará este xoves- a incorporación dunha figura técnica do departamento de Servizos Básicos ao foro, incidindo en que "a calidade dun destino turístico vai máis alá da oferta cultural ou de ocio, senón que depende tamén da limpeza das rúas, do mantemento dos equipamentos e do coidado das zonas verdes". Nesta liña, engadiu que o recadado pola taxa turística debe repercutir tamén nunha mellora dos servizos e "en investimentos que perduran no tempo".
A terceira esixencia dos edís non adscritos para apoiar o regulamento do Foro de Turismo foi a creación obrigatoria dun grupo de traballo específico para cada Ano Santo, de maneira que este órgano sexa obrigatorio constituílo e non só potestativo do Foro en cada momento, co obxectivo de planificar e coordinar este evento desde Santiago.
Críticas polo "atraso" na tramitación
A edil tamén criticou o "atraso" do goberno local na constitución deste órgano, lembrando que o prazo para aprobar o regulamento remata o 1 de abril. "Hai uns ingresos da taxa turística froito da primeira liquidación do recadado desde outubro a xaneiro, que non sabemos a canto ascenden e que terán que agardar", apuntou, concluíndo con que "chegaron antes os cartos que o regulamento".
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas