Espazo público
Raxoi destina máis dun millón de euros ás áreas de xogo infantil da cidade
A xunta de goberno adxudicou á empresa Aceinsa Movilidad o servizo para conservar 89 áreas de xogo e 27 parques biosaudables ata o ano 2029

Aceinsa Movilidad encargarase do mantemento dos parques infantí / cedida
A xunta de goberno local adxudicou este luns o servizo de mantemento dos parques infantís á empresa Aceinsa Movilidad SA por un importe total de 1.236.111 euros. Trátase de conservar 89 áreas de xogo e 27 parques biosaudables ata o ano 2029, e dende Raxoi reivindícase que «é a primeira vez que o Concello conta cun contrato de mantemento para o conxunto destas áreas».
Segundo indican dende o goberno local, «trátase de máis de 23.000 metros cadrados de parques infantís distribuídos en preto dun cento de parques infantís», aos que se suman as 27 áreas de biosaudables: Vidán, Santa Lucía, San Xoán, Salgueiriños, Roxos, Rial-Laraño, Praza de Vigo, Praza da Constitución, Pontepereda, Parque Xixón, Pablo Iglesias, Outeiro de Sar, Mourentán, Granxa do Xesto (circuíto), Eugenio Granell, Cotaredo, Choupana, Carlomagno, Carballal, Belvís, As Cancelas, Angrois, Almáciga, Alexandre Bóveda, Agros de Ramírez, A Gracia e Alameda.
O contrato vai permitir tamén «actualizar a cartografía e o inventario dos parques» e inclúe un plan de inspeccións dos parques infantís. Semanalmente, desenvolveranse traballos de inspección «de rutina para detectar posibles anomalías e disfuncións». De forma mensual, como mínimo, realizarase un exame detallado das áreas de traballo e os seus elementos para comprobar a funcionalidade e a estabilidade. E anualmente, levarase a cabo unha inspección principal por parte dunha entidade acreditada pola ENAC.
O Concello de Santiago compromete para estas labores un gasto por importe de 1.236.111 euros entre 2026 e 2029. Para este ano, corresponde un investimento de 343.364 euros, mentres que para 2027 se establece unha partida de 412.037 euros, o mesmo que para 2028. Finalmente, en 2029 o orzamento é de 68.672 euros.
Ademais de substitución de elementos, a adxudicataria efectuará un mantemento de rutina ou preventivo, con actuacións coma o axuste de pezas de unión, revisión de cadeas e asentos, retirada de elementos perigosos, mantemento de superficies amortecedoras, nivelación dos chans amortecedores ou limpeza de pintadas, entre outras cuestións.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana