Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Labor de concienciación

A auga compostelá reivindica as súas propiedades nunha cata

Veolia organiza un encontro con representantes institucionais e profesionais de diferentes ámbitos de Santiago para dar a coñecer e poñer en valor a calidade da auga da billa, ademais de fomentar o seu consumo responsable

Algunhas das persoas participantes durante a cata de auga que tivo lugar este martes na sede de Veolia en Santiago..

Algunhas das persoas participantes durante a cata de auga que tivo lugar este martes na sede de Veolia en Santiago.. / Cedida

Redacción

Santiago

Co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor as propiedades da auga compostelá, a compañía Veolia organizou este martes en Santiago unha cata á que acudiron tanto representantes institucionais, entre os que se atopaban diversos membros da corporación municipal, como profesionais de diferentes ámbitos da cidade, desde persoas relacionadas co mundo da saúde e o deporte, como da hostalaría, a cultura ou o tecido asociativo.

No encontro, que tivo lugar na sede da entidade na capital galega, destacaronse as propiedades da auga da cidade, poñendo en valor a calidade dun recurso esencial e que forma parte da identidade e do día a día de Santiago.

Aprender a diferenciar

O desenvolvemento da cata permitiu ás persoas asistentes ter a oportunidade de afondar nas características deste líquido, ademais de coñecer as súas particularidades e aprender a diferenciala e apreciala desde unha perspectiva máis consciente e informada.

Tratouse dunha experiencia dirixida por David Ribes e Diana Peleteiro, expertos en calidade da auga de Veolia e os encargados de guiar ás persoas participantes nun percorrido sensorial e divulgativo arredor das principais características organolépticas que ten a auga de Santiago, así como a súa orixe ou composición, e os factores que inflúen na súa calidade.

A auga da billa, un produto de calidade

No transcurso desta actividade, as persoas catadoras tiveron ocasión de descubrir algúns dos matices pouco coñecidos da auga compostelá, nunha iniciativa que contribuíu a reforzar a idea de que a auga da billa é un produto de calidade que ten unha identidade propia.

Na cata participaron profesionais de diferentes ámbitos da cidade.

Na cata participaron profesionais de diferentes ámbitos da cidade. / Cedida

Ademais, a cita na sede de Veolia converteuse nunha fantástica ocasión para propiciar un punto de encontro entre diferentes sectores clave da cidade, o que favoreceu de forma significativa o intercambio de impresións e recoñecementos arredor dun elemento común que conecta ámbitos tan diversos como a saúde, o deporte ou a actividade hostaleira e comercial.

De feito, no transcurso da cata púxose de manifesto o enorme potencial que ten a auga como un recurso transversal, que está presente e forma parte das nosas vidas, tanto en aspectos que están relacionados con hábitos de vida saudables, como no que se refire á actividade económica local dunha cidade, neste caso de Santiago.

Contribución ao desenvolvemento sostible

Neste encontro, ademais de destacar as propiedades deste líquido e a súa presenza en diferentes ámbitos, resaltouse a importancia de promover o coñecemento e a valoración da auga da billa como un recurso de calidade, sostible e de proximidade, incidindo no seu papel fundamental contribuíndo ao benestar da cidadanía e no desenvolvemento sostible da cidade.

Durante a súa intervención nesta cita, o director executivo de Veolia Auga en Galicia, Nicolás Esmorís, subliñou que «iniciativas como esta permiten achegar á cidadanía e aos distintos sectores profesionais o traballo que hai detrás da xestión da auga, así como poñer en valor un recurso que, aínda sendo cotián, require dun alto nivel de control e coñecemento técnico».

"A auga de Santiago é un exemplo de calidade e garantía sanitaria"

Nicolás Esmorís

— Director executivo de Veolia Auga en Galicia

Esmorís considerou que «a auga de Santiago é un exemplo de calidade e garantía sanitaria», e engadiu a idea de que «é importante seguir avanzando na súa posta en valor, tamén desde o punto de vista da experiencia e da percepción por parte das persoas usuarias».

A organización desta cata aberta aos representantes institucionais e a profesionais de diferentes ámbitos de Compostela, enmárcase dentro das actividades organizadas pola propia Veolia con motivo da celebración de Día Mundial da Auga, efeméride que se conmemora cada 22 de marzo co principal obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre a importancia que ten na súa vida un recurso esencial como este, promovendo a súa xestión sostible e contribuíndo a reforzar o vínculo que existe entre a propia cidade e un dos seus recursos máis estratéxicos, ao tempo que fomenta unha maior conciencia sobre o seu consumo responsable.

Tracking Pixel Contents