O IES Antón Fraguas revive a memoria na súa Semana Cultural
Conferencias, obradoiros, roteiros pola cidade e xogos populares achegarán esta semana a todo o alumnado do centro ao barrio, ás tradicións e á cultura da súa contorna máis próxima

IES Antonio Fraguas / Cedida

O IES Antón Fraguas de Santiago convértese esta semana nun espazo de reflexión e participación arredor do concepto de memoria, coa celebración da súa novena Semana Cultural, que involucra a uns 700 estudantes, desde 1º da ESO ata 2º de Bacharelato. Cada ano, a biblioteca propón un tema e este ano elixiuse a ‘memoria’ por ser transversal e «permitir a implicación de todos os departamentos e do profesorado», segundo explica Pedro Lamas, profesor de música e coordinador dunha iniciativa que partiu dun antigo profesor de Filosofía chamado Rafael.
As xornadas comezaron este martes cunha mesa redonda con exalumnos/as, como a concelleira de Educación Miriam Louzao, entre outros profesionais do ámbito universitario e do barrio, centrada na memoria do instituto e do contorno. Previamente celebrouse un acto acto de inauguración oficial que contou coa presenza da alcaldesa Goretti Sanmartín e doutros membros da corporación municipal.
Amplo programa de actividades
Entre as actividades destacadas está un obradoiro de danzas tradicionais de Galicia e Portugal con As Armadanzas Do Courel ao Condado, formado polas exintegrantes do grupo Leilía, Montse Ribera e Mercedes Prieto; roteiros da memoria pola cidade de Compostela; talleres sobre xogos populares e incendios forestais; unha conferencia do doutor palestino Mohamed Safa; unha charla de dous rapaces refuxiados sobre o seu proceso de chegada desde África; e un coloquio con membros do grupo Histagra sobre o plan de fosas en Compostela. A maior parte das actividades desenvolveranse na biblioteca, no salón de actos e no patio do instituto, creando un ambiente de aprendizaxe e participación que vai máis alá das clases habituais.
A organización non foi sinxela. Como recoñece Lamas, «temos que coordinar os profesores cos invitados e ao mesmo tempo seguir dando clase ao alumnado que non participa. Pode haber pequenos desaxustes, pero sabemos que esta semana vai máis alá das clases diarias e queremos que deixe unha pegada no centro».
Para o IES Antón Fraguas, o único centro de Santiago que ofrece o Bacharelato de Artes Escénicas e Musicais, a Semana Cultural é unha das actividades máis valoradas e motivo de orgullo, e tras a clausura do venres, xa se pensa na seguinte edición. «Co subidón que dá poñer tanto empeño e agarimo con tanta xente, xa pensamos no vindeiro ano», asegura Lamas.
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Adiós a Bruno Hache, el compostelano vinculado al sector del café que deja huella por su cercanía y vitalidad
- Santiago adjudica por más de 300.000 euros el mantenimiento del pavimento del casco histórico
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Abren las becas para educación no obligatoria de las que se benefician 54.000 gallegos: plazos, cuantía y cómo solicitarlas
- 45 años en la pista: el último titán de las discotecas rurales que resiste en Touro
- El bocadillo que triunfa en Santiago y compite por ser el mejor de España