Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Os retornados que elixen falar en galego

Na actualidade utilizan o idioma de Galicia de forma cotiá

Os retornados que elixen falar en galego

Os retornados que elixen falar en galego / Cedida

Belén Bertonasco

Belén Bertonasco

Santiago

Galicia é un país. Si, un país, con millóns de pezas de crebacabezas espalladas ao redor do mundo, principalmente de Latinoamérica. Entre 1850 e 1960 ao redor de dous millóns de galegos emigraron a América. Emigración por necesidade ou exilio, pero emigración en fin, moitos dos bisnietos, netos, fillos e ata mesmos galegos, decidiron volver a Galicia.

Son eses retornados, moitos deles sen contacto algún coa propia lingua galega, que decidiron elixir aprendela na súa chegada a Galicia. Hoxe moitos deles desenvólvense na lingua que lograron aprender na terra dos seus devanceiros.

Paula Rodríguez Sánchez é uruguaia, neta de galegos de Costa da Morte e vive en Santiago dende hai case dous anos. «A casa dos meus avós era como unha casa galega, como as que vexo aquí, incluso o cheiro, só que eu non o sabía, porque eles nunca falaron de Galicia. Mesmo xa se esqueceron de como falar en galego», asevera a nova.

O pai e o tío de Rodríguez, fillos dos emigrados, nunca aprenderon a falar en galego. «Nunca mantivemos a cultura. O irmán do meu avó si que tocaba a gaita e mantiña os costumes, pero os meus avós en particular non», comenta a uruguaia.

Paula chegou coas bolsas BEME (Bolsas Excelencia Mocidade Exterior) da Xunta de Galicia para realizar un máster na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). «Decidín empezar a ir a clases de galego porque no máster usábase moitísimo o idioma: os textos, as presentacións, o material e os profesores falaban en galego», explica Rodríguez.

«Comecei porque cría que era unha ferramenta súper boa aprender un idioma, e deime conta mentres aprendín, que non era soamente unha ferramenta, senón tamén unha forma de aprender a cultura, porque un idioma é unha parte indispensable da cultura. Con eles, fun conectando moitísimo cos meus avós, sobre todo coa miña avoa, que foi a persoa que me criou.

Paula comezou a súa viaxe aprendendo o idioma co Espazo Apego do Concello de Santiago, onde dan clases de balde de galego a quen sexa estranxeiro e queira aprender o idioma. As clases son completamente gratuítas. O encargado de dar as clases, tanto a nivel principiante como máis avanzado, é Xosé Antonio Tono Formoso.

Alumnos del Espazo Apego en una actividad

Alumnos del Espazo Apego en una actividad / Cedida

Para Formoso é unha fortuna traballar dando clases de galego a persoas de fóra de Galicia. «Considéroo unha gran sorte polo feito de atoparse tanta xente de orixes, linguas, culturas, tradicións tan distintas e a ocasión que iso implica de compartir e achegar todo o mundo. Á parte diso, no que respecta concretamente o que implicou para min o trato coas persoas retornadas, creo que o máis importante foi o cambio na miña percepción da Galicia exterior», sinala Formoso.

Ademais, o profesor do Espazo Apego tamén ten familia no exterior. «O meu propio pai foi emigrante en Estados Unidos. Entón o que significa a emigración é algo que está aí desde sempre e ao que, polo menos eu, pois tampouco lle dera máis importancia ou sobre o que tampouco reflexionara moito» asevera Formoso.

Rosa Mejuto é outra das alumnas de Espazo Apego. Proveniente de Venezuela, é filla dun santiagués nado en Rúa dá Caldeiraría 1, en plena Zona vella. O compostelán estudou medicina na USC e foise de España hai moitos anos, en principio a Suíza, e de aí, cunha empresa farmacéutica, a Venezuela.

O pai de Mejuto coñeceu á súa nai, filla de españois, en Maracaibo, Venezuela, e fixeron unha vida xuntos. «O meu pai foi trasladado a moitos países de Latinoamérica, de feito eu nacín no Salvador, vivín a miña infancia en Guatemala, estudei en Estados Unidos. Casei cun venezolano, vivín moitos anos en Caracas, onde naceron os meus fillos e hoxe en día vivimos en España. O motivo do noso ‘retorno’ a Galicia foi o futuro dos meus fillos», apostila a venezolana. A relación de Mejuto con Galicia sempre foi estreita. «Fun bautizada na Coruña e cada ano, cada verán, ata que casei, pasámolo en Galicia. Cos meus pais viñamos sempre a Galicia e é un recordo moi positivo que levo comigo», asevera.

Cando Rosa Mejuto e a súa familia chegaron a Santiago, logo da pandemia e co firme propósito de «estar xunto aos meus fillos», pois rematamos quedando e investimos aquí. «Unha das maneiras para sentirme máis preto desta comunidade, á que quero moito, é poder ‘falar galego’. Hoxe o meu papá acaba de cumprir 93 anos, vive en Estados Unidos e ten álzheimer, xa non me coñece e aprender galego para min, é unha forma de reconectar coas súas raíces e as miñas», comenta emocionada Rosa Mejuto.

Marian Pichs López é cubana, e é bisneta de galegos de Outeiro de Rei, Lugo. A relación con Galicia non estivo tan presente. «Perdeuse o contacto coa familia e tampouco se falaba en galego», explica a cubana.

«A min nunca me falaron de Galicia e eu non fun consciente de onde viña unha parte da miña ascendencia ata que cheguei aquí fai tres anos. Aquí, a miña conexión, foi máis coa lingua e coas persoas que coñecín, que coa miña familia de parte do meu bisavó», asevera Pichs López.

Marian Pichs é profesora de inglés, polo que os idiomas sempre lle gustaron. Comezou a aprender galego polas súas amizades, pero aos poucos foise interiorizando máis.

Sebastián Bouzas Elos é bisneto e sobriño de galegos de Fisterra e Ribeira. Na súa casa non se falaba o galego, o idioma foise perdendo ao longo das xeracións, pero si estivo activo en actividades da comunidade galega en Avellaneda, cidade da provincia de Bos Aires. «Sobre todo xuntadas para comer. Era mirar e escoitar, pero non involucrarme», explica Bouzas.

A única conexión que este mozo arxentino tivo co galego mentres vivía en Arxentina foi a través da TVG. «Inexplicablemente tiña o impulso de volver de traballar e poñer a TVG. Mesmo o meu pai se asombraba de que vise o Telexornal».

O primeiro contacto de Bouzas co galego foi a través do máster de Desenvolvimiento Económico e Innovación da USC, que veu realizar grazas ás bolsas BEME, no 2017. «A maioría dos profesores falaban en galego, aínda que o alumnado era bastante internacional. Fun adoptando palabras no día a día», asevera o mozo.

Decidiu empezar a estudar galego para render o CELGA e foi como chegou ao Espazo Apego. «Foi a miña porta de entrada a estudar gramática. Entendelo nunca me custou». A lectura foi unha gran ferramenta para Bouzas para seguir interiorizándose no idioma «ía á biblioteca para buscar libros» pero unha das grandes portas de acceso ao galego foi o programa de Parellas Lingüísticas do Concello de Santiago.

«Ao principio custa falar en galego», pero é un idioma que non quere perder polo que busca estar en contacto co idioma de maneira constante, lendo novelas e aprendendo palabras novas.

Tracking Pixel Contents