Reserva de 45% para vivenda protexida
Adiante o proxecto para a parcela de Peleteiro pese á falta de consenso veciñal
PSOE e non adscritos reivindican que o plan é o do mandato socialista e o goberno parabenízase polo desbloqueo e a cifra de vivenda protexida

Opleno de Raxoi deulle o ‘Si’ definitivo á aprobación do proxecto para a parcela de Peleteiro / Antonio Hernández

O pleno municipal celebrado este xoves deulle luz verde á aprobación definitiva para a modificación do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Urbana Municipal) no tocante á parcela de Peleteiro, para poder construír nese soar un edificio de vivendas, cunha porcentaxe de 45% reservado para protección, e dotando tamén o Ensanche dun espazo público.
Pero pese a saír adiante, cos votos a favor de BNG, CA, PSOE e concelleiras non adscritas, e a abstención do PP, o debate foi un ‘tira e afrouxa’ entre o goberno local e os edís do anterior mandato municipal para asumir o éxito do desbloqueo desta cuestión. Mentres, o voceiro do Partido Popular, Borja Verea, reivindicaba o seu proxecto, dedicar «o 100% do espazo a equipamentos comunitarios» fronte a un «novo bloque de cemento nunha zona xa moi densamente poboada».
Cambio de voto
A concelleira non adscrita Mercedes Rosón defendeu na súa intervención no debate plenario que o proxecto que agora se aprobou é o que ela mesma defendeu sendo parte do goberno de Xosé Sánchez Bugallo e que daquela BNG, Compostela Aberta e PP impediron que saíse adiante. «O PSOE trouxo o mesmo proxecto e vostedes insuflaron unha protesta veciñal. Non cambiou o proxecto, cambiaron vostedes e por iso os acusan de traizón», explicou na súa intervención Rosón en referencia ao contencioso que interpuxo ante este proxecto a asociación veciñal Raigame.
A concelleira lamentou na súa intervención que o proxecto padeceu «catro anos de retraso» e denunciou a «mala praxe» da alcaldesa mentres estaba na oposición.
Tamén fixo referencia a «romper a tradición de bloqueo» o edil socialista Sindo Guinarte, que reivindicou que «non perdamos a memoria do que pasou en 2022» pese a posicionarse a favor da iniciativa por ser esta «de interese público».
Un interese diverxente do do Partido Popular, cuxo voceiro, Borja Verea, puxo enriba da mesa que o proxecto do seu grupo pretendía crear «un corazón» no Ensanche máis alá de dar opción de habitabilidade a «100 ou 150 propietarios». Verea falou unha vez máis de que o seu plan era aproveitar a parcela para uso de equipamentos públicos na súa totalidade, algo que o resto do formacións de Raxoi tacharon de «proxecto irrealizable».
Fronte a iso o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, puxo o foco na negociación co goberno central para sacar adiante un proxecto para a parcela de Peleteiro incrementando de 20 a 45% a reserva de vivenda protexida e a apertura da nova construción á rúa da República Arxentina.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle