O Cipis de Belvís xa ten ordenanza reguladora
A previsión do goberno local é abrir as portas no mes de xuño, a oposición pídelle maior "rigor" na ordenanza

Centro de atención para persoas sen fogar en Belvís / Jesús Prieto

Catro concelleiras de diversa cor política coincidiron este xoves en dar mostra de conciencia social á hora de aprobar a ordenanza reguladora do funcionamento do Centro Integral de Atención a Persoas Sen Fogar (Cipis) de Belvís, cuxa apertura está prevista para mediados de ano, e pese a discrepancias por falta dunha memoria económica e de definición sobre a periodicidade da prórroga de estadía dos usuarios.
María Rozas, Marta Álvarez, Marta Abal e Yolanda Otero coincidiron na necesidade que ten Santiago de contar cun centro para atender as persoas sen fogar pero dende a oposición achacáronlle á edil de Servizos sociais «falta de rigor» no documento que presentou para a súa aprobación no pleno.
Rozas defendeu que o que se estaba a debater era unha norma «interna» que non precisa de memoria económica, pero que así e todo «non é improvisada».
Logo dunha década o centro encamiña a súa apertura.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco