O pleno aproba decidir, de novo, como debe ser a xestión da auga de Compostela
A oposición aféalle a Sanmartín «falta de cultura democrática» por querer fixar a resolución sen que esta volva ao debate plenario

Depósito de auga no lugar de Vilares / Antonio Hernández / 65

Os votos a favor de PP e non adscritas fronte á absteción dos demais grupos (BNG, CA e PSOE) deron o ‘Si’ á proposición de Mila Castro para que a cuestión da xestión da auga e o modelo que se decida volva ir ao debate plenario, pese aos anuncios do goberno local de que segue a traballar e a realizar estudos para ver se se opta pola fórmula mixta (público-privada) que defende o executivo ou pola concesión, como apostan non adscritas, PSOE e PP, pese a que este último non votou a favor desta fórmula no pleno de febreiro.
A lea no debate chegou precisamente neste punto, no que a alcaldesa Goretti Sanmartín volveu a afearlle ao PP que bloquee a cuestión, «votando unha cousa na comisión e outra no pleno», pero toda a oposición coincidiu en lembrarlle á rexedora que a súa actitude, sendo oposición, era diferente, fiándoo todo á decisión do pleno.
O cambio de posicionamento é para Mila Castro «unha estafa democrática» e unha «incoherencia» para a socialista Marta Abal, mentres o voceiro do PP, Borja Verea, falaba dun «desexo obsceno» do BNG «pola concesión».
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas