Premian un traballo da USC que aposta por recoñecer xuridicamente os coidados no Dereito privado
Ignacio Varela Castro, investigador posdoutoral en Dereito, recibiu o IX Premio de Investigación Rosario Valpuesta co ensaio ‘Vida, coidado e Dereito cotiá’

O investigador posdoutoral na facultade de Dereito Ignacio Varela Castro obtivo o IX Premio de Investigación Rosario Valpuesta. / Santi Alvite
L.R.
Ignacio Varela Castro, investigador posdoutoral na facultade de Dereito da USC, obtivo o IX Premio de Investigación Rosario Valpuesta polo seu traballo ‘Vida, coidado e Dereito cotiá’, un ensaio que proximamente publicará a editorial Tirant lo Blanch.
O galardón recoñece actividades investigadoras relacionadas coas liñas de estudo que a profesora Valpuesta Fernández desenvolveu ao longo da súa vida académica e na súa proxección pública: en xeral, os estudos xurídicos e sociais nos que predomine a perspectiva da igualdade de xénero e, en particular, a cuestión da feminización do Dereito privado.
Ante un debate social, político e académico cada vez máis consciente das actuais e futuras necesidades de coidados da cidadanía, o ensaio premiado parte das formulacións procedentes da denominada ética –ou éticas– do coidado para unha análise desde unha perspectiva xurídico-privada que, con ánimo reflexivo, se pregunta polo seu impacto na comprensión dalgúns dos conceptos máis básicos do pensamento iusprivatista.
Fronte ao protagonismo que presenta o coidado no debate sobre as políticas públicas e as medidas no ámbito laboral necesarias para atender as mencionadas necesidades de coidados da cidadanía, o investigador da USC optou por incidir na súa relevancia desde unha óptica xurídico-privada. Por unha banda, tal e como explica, porque se os estudos relacionados co pensamento do coidado tiveron como obxecto de análise desde a persoa e a familia ata a sociedade e o medio ambiente,” do que non se dubida é que a experiencia máis primixenia do coidado prodúcese nas relacións privadas e, de forma destacada, nas máis íntimas”. Doutra banda, “porque se iso xustifica que o Dereito privado se presenta como ferramenta útil para acoller xuridicamente o máis medular do coidado, a súa particular posición de base común para o resto do sistema faina tamén idónea para irradiar a outras ramas do ordenamento aquilo que xuridicamente é o coidado”.
Dar relevancia xurídico-privada ao coidado preséntase, xa que logo, “como paso necesario, nun esquema que supere unha estrita dicotomía entre o público e o privado, para abordar as mencionadas necesidades de coidados”, asegura Varela Castro. “Ademais, -engade- contribúe á feminización do Dereito privado en particular e do Dereito en xeral porque o coidado evoca unha experiencia tipicamente feminina ao redor dos esforzos e os tempos requiridos nos coidados”.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año