Unanimidade para que a Xunta actúe na canteira de Miramontes
Esixen á Administración autónoma que vele pola recuperación ambiental da zona

Residuos nunha imaxe de arquivo do vertedoiro de Miramontes / ECG

O pleno aprobou por unanimidade a declaración institucional sobre a canteira de Miramontes, cun documento no que se insta á Xunta de Galicia «e ao resto de administracións competentes a adoptar de maneira inmediata as medidas necesarias para a recuperación ambiental integral da zona». A declaración subliña que a instalación «constitúe un exemplo grave de degradación ambiental e de falla de control público».
O Concello de Santiago, «no exercicio das súas competencias declarou non legalizada a actividade e deu traslado á Xunta para que adoptase as actuacións oportunas» e lémbralle á Administración autónoma «a obriga de restaurar a situación alterada e retirar o material depositado». Todo isto logo dunha «sentenza penal firme que confirma a gravidade dos feitos» e recalca que «resulta inaceptable que a situación continúe sen unha solución ambiental definitiva».
A declaración institucional aprobada onte conta co apoio expreso a Ferusa e da Plataforma de persoas Afectadas de Miramontes e insta «á Xunta a adoptar de maneira inmediata as medidas necesarias para asegurar a retirada do material procedente de residuos».
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas