Infraestruturas deportivas
Aitor Bouza reclama a Raxoi que licite as obras do Vero Boquete
O líder do PP local demanda acción de Raxoi e tamén pon o foco no posicionamento das non adscritas na cuestión de confianza

O líder do PSOE local e deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza / cedida
O secretario xeral do PSdeG local, Aitor Bouza, reclamoulle ao goberno de Santiago que licite «de maneira inmediata» as obras de rehabilitación do estadio Vero Boquete. Bouza advertiu que, pese a existir un convenio coa Deputación da Coruña asinado no mes de novembro, «a día de hoxe ese contrato segue sen licitar».
Un acordo que supón un investimento, financiado maioritariamente pola Deputación (arredor do 80% dos fondos) e sobre o que Bouza advertiu que o atraso na tramitación «pon en risco o cumprimento dos prazos previstos».
Aitor Bouza fixo tamén mención ao voto das edís non adscritas na cuestión de confianza á que chegou o pleno extraordinario no que se debatían os orzamentos de 2026. O secretario do PSOE preguntouse «que pasou entre a tarde do mércores e a mañá do xoves para que pasasen a apoiar o proxecto do goberno local».
Unha cuestión que o voceiro das non adscritas, Gonzalo Muíños, aclaraba no propio pleno xustificando que «nada vai cambiar nun mes» e a mesma alcaldesa, Goretti Sanmartín refrendaba xa que dende a oposición non se postulou ningún candidato para a moción de censura.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas