Axenda cultural: Que facer hoxe, 28 de marzo, en Santiago?

Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por David Fiuza / Antonio Hernández
A Banda Municipal inaugura o ciclo ‘De Lugares e Órganos’
CONCERTO. O ciclo De Lugares e Órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostelainicia a súa programación esta fin de semana con propostas que combinan música en directo e cinema en distintos espazos da cidade. A apertura terá lugar hoxe, ás 20.00 horas, na igrexa de San Domingos de Bonaval, co concerto inaugural a cargo da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por David Fiuza. Baixo o título Dende o órgano, a proposta establece un diálogo entre o universo sonoro deste instrumento e a formación de ventos, a través dun repertorio que percorre diferentes épocas e estilos. O ciclo continuará mañá, ás 20.30 horas, na igrexa de San Paio de Antealtares co concerto Melodías en busca de autor: relato, escoita, no que o organista e clavecinista Eliot X. Dios e a violinista Rahel Boell presentarán un programa que combina obras de Couperin, Bach ou Francœur con improvisacións e creacións inéditas inspiradas na obra de Luigi Pirandello.

A exposición poderase visitar ata o 9 de abril / Cedida
Exposición colectiva de ARTE 4 no Centro Empresarial do Tambre
MOSTRA. O Centro Empresarial do Tambre acolle a exposición colectiva de ARTE 4 das artistas Carmela Taboada, Carmen Sampedro, J. Jiménez e Lola Sanz. O colectivo ARTE 4 está formado por estas catro artistas de traxectorias longas xa consolidadas, con linguaxes propias que deciden unir os seus camiños creativos sen renunciar a súa identidade individual. A súa proposta colectiva nace do diálogo e do respecto. Son mulleres que aman a arte e queren compartir o seu tempo e a súa obra cos demais. Na exposición as catro artistas representan unha parte das súas creacións artísticas que, desde estilos e ópticas moi diferentes, comparten elementos comúns como a busca constante de linguaxes expresivas que transmiten con forza sensacións e atmosferas.

A alcaldesa de Santiago entre máis partícipes da inauguración da mostra 'Antifemina'. / Pixelin Photo
Visita comentada á mostra ‘Antifémina. Colita’, no Auditorio de Galicia
No Auditorio de Galicia, visita comentada (12.00 h.) á mostra Antifémina. Colita, un proxecto que leva ao espazo expositivo o libro que a fotoxornalista catalá Isabel Steva ‘Colita’ publicou xunto á escritora Maria Aurèlia Capmany en 1977, e que foi considerado o primeiro volume gráfico abertamente feminista da Transición.
‘Francisco Asorey, unha recuperación necesaria’
GAIÁS. O Museo Centro Gaiás acolle a exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria, que afonda desde unha óptica contemporánea no complexo mundo creativo do seguramente máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do s. XX. A elección de Francisco Asorey como artista ao que a Real Academia Galega de Belas Artes dedicou o Día das Artes 2024 propicia acometer este proxecto dentro da programación do Museo Centro Gaiás.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas