Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Colaboración máxima de 1.250 euros

O Concello de Santiago colabora coas festas patronais de barrios e parroquias

O Pazo de Raxoi apoiará economicamente a contratación de actuacións musicais e actividades lúdicas

A concelleira de Festas de Santiago, Pilar Lueiro

A concelleira de Festas de Santiago, Pilar Lueiro / cedida

O Concello de Santiago anunciou este sábado a súa colaboración nas festas patronais de barrios e parroquias mediante a contratación de actuacións e instalacións lúdicas, coma parques de inchables, festas da escuma ou xogos populares.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro informou as comisións de festas e remitiu o formulario para solicitar a axuda. A contía que se destinará a cada festa é de 1.250 euros (máximo) e a organización das festas poderá escoller o grupo concreto ou actuación.

O formulario debe ser remitido con máis dun mes de antelación á celebración e dende o Pazo de Raxoi especifícase que «a contratación estará condicionada pola dispoñibilidade e o custo» da mesma. A solicitude cuberta debe enviarse ao correo electrónico festas@santiagodecompostela.gal.

Tracking Pixel Contents