"Pensa o ladrón..."
Rosón reivindica o apoio das non adscritas na cuestión de confianza
A concelleira responde ás declaracións do secretario xeral do PSdeG en Santiago que este venres tachaba de incoherente o cambio de voto dos ex socialistas

A concelleira non adscrita Mercedes Rosón unha sesión plenaria en Raxoi / Jesús Prieto

"Non quixemos facer perder o tempo á cidadanía de Santiago", dicía este sábado a edil non adscrita Mercedes Rosón ao fío das declaracións do secretario xeral do PSdeG en Compostela, Aitor Bouza, que insinuaba "acordos pola porta de atrás" que moveron os concelleiros expulsados da súa formación a pasaren de absterse a votar a favor da alcaldesa na cuestión de confianza proposta este xoves.
Rosón instaba o PSOE "a poñerse de acordo", posto que ante a crítica de Bouza o alcalde de Ames, Blas García "felicitábanos pola decisión", confrontada coa actitude do BNG desa localidade "que estivo un mes xogando" da man do Partido Popular. "Aitor Bouza amosa unha ignorancia total sobre os asuntos municipais, como na diferenza entre aprobar uns orzamentos ou unha cuestión de confianza", salientou a edil.
Sobre a insinuación de "negociacións pola porta de atrás" de Bouza, Mercedes Rosón non dubidou en declarar que "pensa o ladrón que todos somos da mesma condición", e lembrou que o deputado socialista "está acostumado a que funcione así a política e, de feito, accedeu ao Parlamento gratificando a un deputado pola súa renuncia a cambio dun posto de subdelegado".
A edil non adscrita insistiu unha vez máis en que o secretario xeral do PSdeG "tentou conseguir a nosa saída da Corporación ofrecéndonos a algunha de nós outros postos, coma se a representación cidadá dependera dun xogo de cromos". Rosón reafirmou que "outras, coma min, non vivimos da política" mentres que "el ten que facer moitas pataletas para seguir cobrando cartos públicos, outras podemos actuar con liberdade e votar con coherencia, altura de miras e responsabilidade".
Mercedes Rosón remarcou "a diferenza entre uns e outros", defendendo que ao darlle a confianza a Sanmartín "pechamos a porta a unha moción de censura. Iso é o que se votou: un mes para promover unha moción de censura ou que os orzamentos aprobarán xa, porque o ían facer de todos os xeitos". Ao tempo, a edil interrogouse sobre se "o PSOE ía promover unha moción de censura da man do o Partido Popular?".
Unhas contas nas que "nada cambiou"
O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, preguntábase o venres: "Que pasou entre a tarde do mércores e a mañá do xoves para que os concelleiros non adscritos pasasen a apoiar o proxecto de orzamentos" do goberno local. O deputado aseguraba que "alguén nos ten que explicar algunha cousa" sobre o apoio deses catro edís á cuestión da cuestión de confianza proposta pola alcaldesa, Goretti Sanmartín.
Xa no seu momento o voceiro dos non adscritos, Gonzalo Muíños, defendeu que non ían deixar pasar un mes para que nada cambiase, en referencia a que os orzamentos sairían entón adiante de xeito automático ao non haber candidato, ou candidata, alternativo á alcaldía. Bouza defendeu a abstención do PSOE nas dúas votacións ao non chegar a acordo para que a alcaldesa incluíse "todas as cuestións que considerabamos beneficiosas para a cidadanía fronte a un proxecto de orzamentos que non é o que Compostela necesita".
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas