Empresas locais
Borja Verea visita as bodegas Lodeiros no Polígono do Tambre
O líder do PP de Santiago asegurou que “o futuro económico da cidade pasa por coidar e impulsar iniciativas como esta”

O líder do PP local, Borja Verea, na súa visita ás bodegas Lodeiros / cedida
O líder do PP en Santiago, Borja Verea, visitou este domingo as instalacións de Bodegas Lodeiros, situada no Polígono do Tambre, onde puxo en valor “a historia, o esforzo e a capacidade de innovación dunha bodega que é exemplo do tecido empresarial compostelán”.
Durante a visita, Verea destacou a traxectoria de Bodegas Lodeiros, fundada en 1910 e que en 1940 trasladou a súa actividade a Santiago de Compostela, onde continúa a súa evolución ata hoxe, xa da man da cuarta xeración. “Falamos dunha empresa centenaria que soubo adaptarse ao paso do tempo sen perder a súa esencia, mantendo a calidade e o compromiso coa súa identidade”, sinalou.
O líder popular subliñou a importancia de apoiar ás empresas locais, “porque son xeradoras de emprego, riqueza e oportunidades”, e insistiu en que “o futuro económico de Santiago pasa por coidar e impulsar iniciativas como esta, que combinan tradición e modernidade”.
Así mesmo, Borja Verea puxo o foco no papel estratéxico do Polígono do Tambre, que definiu como “un motor económico fundamental da cidade, que precisa máis atención, melloras nas infraestruturas e unha aposta decidida por parte das administracións para seguir sendo competitivo”.
“O Tambre é clave para o desenvolvemento industrial de Santiago, e empresas como Bodegas Lodeiros demostran o potencial que temos. O noso compromiso é estar ao seu carón, escoitar as súas necesidades e traballar para que Santiago sexa un lugar atractivo para investir e emprender”, concluíu.
Con esta visita, o líder do PP en Santiago reafirma a súa aposta por manter un contacto directo co tecido empresarial da cidade e por visibilizar o labor das empresas que contribúen ao crecemento económico local.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas